Calor, ausencias e remuda

Calor, ausencias e remuda
17 de Abril, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Calor abafante, falta de efectivos e remuda no banco do Perlío feminino. Cóctel de factores que se sumaron na xornada 25 da Terceira Galicia. Perlío 0-4 As Pontes. O equipo ten pendente a substitución do adestrador, Carlos Carballo, Vinki, que deixou o posto por motivos persoais. Iso si, volveu como delegada do equipo Conchi López, algo que celebran as xogadoras Sabela López, Sara e Ana Rodríguez coas que analizamos o partido do domingo.

ESCOITA O PODCAST:

“Un partido intenso debido á calor, facía moitísima calor, era insoportable, creo que influíu que non estivera o campo regado”, sinalou Sara. “Levabamos poucos efectivos, sen porteira, ao final todo inflúe. Creo que se chegamos a ter máis efectivos poderíamos pelexar polo partido”, sostén Sabela. “O calor foi un factor importante e decisivo, íamos moi xustas de persoal, no outro equipo saben xogar e pelexan moito, un partido duro pero bastante contentas co noso xogo”, resume Ana e recoñece que puideron pasar factura os movementos internos das últimas semanas. “Estás coas tensións e iso inflúe á hora de xogar”. “Contentas coa volta de Conchi”, di Sabela.

Deportes

Publica o teu comentario agora