Descoñecen o rural galego

Descoñecen o rural galego
25 de Abril, 2024 - 04:46 h. | Publicada por Radio Fene

“O rexistro dos galiñeiros domésticos é unha imposición do Goberno que descoñece como é o rural galego”, sostén o voceiro do Partido Popular no Concello de Fene, Gumersindo Galego que critica a carga que supón para a administración autonómica e para os veciños.

ESCOITA O PODCAST:

“Non lle vemos sentido”, subliñou Gumersindo Galego. Sostén que non aumenta a protección respecto dos controis xa existentes. O voceiro do PP afeou ao goberno do Concello de Fene o retraso na execución de obras. “As obras sofren retrasos moi importantes, o alcantarillado a Cornide quedou da miña época e está sen executar”, declarou. “De pouco vale anunciar no periódico que se van meter obras no POS se despois non saen”, remacha. 

Institucional

Publica o teu comentario agora