Dominio total e boa definición

Dominio total e boa definición
17 de Abril, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Satisfacción xeneralizada no Cultural Maniños co partido xogado o domingo polo equipo de fútbol feminino que derrotou 6-0 ás lucenses da Milagrosa. Nin o calor puido contra o bo xogo desplegado, esta vez si, polo Maniños na Segunda Galicia da Liga feminina. Coinciden na valoración positiva Cris Silvar, Uxía Armeteros e Noe Leiras, que non puido xogar debido a unha lesión no brazo.

ESCOITA O PODCAST:

“Unha valoración moi positiva, dominio claro, de principio a fin, xogamos e definimos ben”, resume Cris. Xogou fóra da súa posición de porteira Uxía que marcou dous dos tantos. “Non é a miña posición, pero eu xogo onde me diga Juanjo”. Ao acabar o partido o adestrador “estaba contento, quere que movamos o balón e que xoguemos”. Outros dous tantos firmounos Lorena. Goles de Pau e Tensi pecharon o marcador. “Un bo partido do equipo, un xogo moi bonito e con definición”. Asi viu ao Maniños Noe, pendente de saber se a teñen que operar. O que é seguro é que perderá o que quede de temporada, pero “aínda que non poida xogar intento estar animándoas”.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora