As nenas e os nenos de Entroido

As nenas e os nenos de Entroido

24 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As nenas e os nenos protagonizan este martes de Entroido no Concello de Fene. Unha festa infantil coa orquestra Panamá comezará na Praza do Concello a partir das cinco e media da tarde. A sección infantil tamén mañá terá o seu oco no desfile e posterior festival de comparsas que se celebrará na praza do Concello, como membros dalgunha das catro comparsas infantís ou das cinco escolares mixtas que este ano participarán no entroido fe

Falamos dos Zipis e Zapes, da comparsa de Tintín, da de Pitufilandia e os Popeyes, pero tamén as mixtas do Euxa Narón, Suricata, a dos Raposos,os Xunquiños ou a da Anpa do Colexio de Santa Mariña de Sillobre.

Sociedade