Velutinas, basuraleza e baño seguro

Velutinas, basuraleza e baño seguro
18 de Abril, 2024 - 04:00 h. | Publicada por Radio Fene

Trampas contra a velutina. Logo da campaña informativa do Concello de Fene, dáse un novo paso na loita contra a velutina. A concelleira de Medio Ambiente, Mari Carmen Martínez, informou desta e doutras iniciativas municipais.

 

ESCOITA O PODCAST:

O Concello de Fene acordou cunha empresa a instalación de 140 trampas de velutina en distintos lugares do municipio. Está previsto empezar a colocalas antes de dúas semanas. A concellería de Medio Ambiente tamén valora a adhesión do Concello á campaña Basuraleza do proxecto Libera para fomentar o coidado do entorno natural. Anunciouno a concelleira, que aproveitou para reiterar o chamamento a propietarios de cans para que cumpran coa obriga de recoller os excrementos das súas mascotas da vía pública. Martínez tamén avanzou a próxima colocación das boias nas praias para facilitar a convivencia de bañistas e embarcacións no mar e garantir o baño seguro cando dea comezo a temporada de praias.

Institucional

Publica o teu comentario agora