In The Corner 3 de xuño de 2022

Programa: 
A Bancada

Deportivo e R.U. Tenerife xogaron o martes a eliminatoria de permanencia en Segunda División. Foi un todo ou nada do que saíu beneficiado o cadro galego. Horas despois, o cadro herculino decidiu non renovar a Miguel Llorente no banco. Con Paula (Deportivo) e Míriam (R.U. Tenerife) falamos da temporada do conxunto galego, dos problemas internos e do decisivo encontro de Riazor. Tamén aludimos á situación do Sárdoma e as súas posibilidades de estar na próxima campaña na 2ª R.F.E.F. (terceiro chanzo). No fútbol autonómico falamos da derradeira xornada da competición en Primeira Galega, coa segunda praza, e posibilidades de ascenso a Primeira Nacional, do Lugo, así como a salvación do Tordoia. Entrevistamos a Vicky Vázquez, seleccionadora galega sub'15, mimnutos despois do triunfo das irmandiñas sobre Canarias na primeira xornada do grupo B da fase de cuartos de final do Campionato de España que se celebra en Murcia. Por último, tivemos outra vez a Montse Mella, para non esquecer a retención da súa ficha, xunto ás de tres compañeiras máis, por parte do Amio, a inacción da RFGF e o lavado de manos da Secretaría Xeral para o Deporte.