In The Corner 4 marzo de 2022

Programa: 
A Bancada

Unha derrota e dous empates baixaron ao Deportivo do liderato ao acumula a maior xeira negativa da súa historia en Segunda División. Para colmo, que acontece con Alejandra Serrano logo da súa substitución no partido contra a Fundación Osasuna? Na Primeira Nacional, malia que non gañaron os catro primeiros, o Friol despégase do Viajes Interrías, o Sárdoma e o Deportivo B empataronn e Mos volveu aos triunfos. Para a nova xornada salienta o Deportivo B-Friol, o cuarto contra o primeiro. Entrevistamos a Andrea, a capitá do Mos, que nos falou das posibilidades do seu equipo.

Achegámonos ao desenlace da primeira fase na Primeira Galega. Malia que no caso do Lóstrego esperábase, as de Gondomar, como o Bergantiños, dous estreantes, lideran os grupos sur e norte. É a revolución deportivo no fútbol galego? Entrevistamos a Lore, capitá do cadro de Carballo e recomendamos os partidos que consideramos máis atractivos na Primeira e na Segunda Autonómica.

Na parte final, con Mario Gómez, presidente o Rosalía, e o noso colaborador, Pere Tobaruela, contamos como o cadro ourensá integra anualmente fútbol e cultura co gallo do aniversario do nacemento da escritora