Envía a túa opinión
Non só ao Ebro lle deu por desembocar en Vigo. A frase da cantora aragonesa Carmen París alude ao grupo Berrogüetto, segundo nos descubre Xoán Manuel Estévez no número de xaneiro da revista Tempos Novos, ao fio do libro – CD- DVD de Fernando Neira denominado “O pulso da terra” e publicado por Galaxia.
Envía a túa opinión
O Congreso Internacional da Camelia celebraráse no ano 2014 en Pontevedra. Pero o evento terá actividades paralelas no Pazo de Mariñán e en Fene, como mostra do íntimo vencello deste municipio con este xénero procedente de Asia, e denominado así en homenaxe ao misioneiro Gregorio Camel, que realizou estudos de zooloxia e botánica na illa de Luzón en Filipinas.
Envía a túa opinión
A tese “Casa, Familia e Comunidade na Idade de Hierro do NW”, realiza por Xurxo Ayán Vila, arqueólogo do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) no Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit, Santiago de Compostela) desenvolve a primeira investigación sobre a arquitectura doméstica dos castros do Noroeste Peninsular tanto desde o punto de vista de restos arqueolóxicos como bens patrimoniais e referentes identitarios desde o século XVIII até a actualidade. En conversa con Radiofusiòn esmiuzou o contido do seu traballo e reivindicou que “a mellor maneira de preservar un castro é que a xente o siga sentindo como un espazo de seu”.
Envía a túa opinión
Reducir a xornada laboral e recortar o cobro por baixas temporais. Estas son algunhas das medidas que a conselleira de Facenda, Elena Muñoz, lles propuxo hoxe aos representantes sindicais dos empregados públicos co obxectivo de aforrar uns 80 millóns de euros ante a previsible recesión económica. Os sindicatos de empregados públicos manifestaron xa o seu rexeitamento frontal a estas decisións. Din que supoñen recortes nas súas condicións laborais. Así, tanto a CIG como UGT consideran as medidas unha regresión nos dereitos adquiridos, e tamén critican a maneira en que foron expostas, con só prazo até o martes para as alegacións, antes da reunión de Mesa sectorial do próximo mércores. O sindicato nacionalista ameaza con mobilizacións se a Xunta non modifica a súa postura, do mesmo xeito que CSIF, que tamén cualifica esta proposta de absolutamente negativa e inaceptable.
Envía a túa opinión
Disque "Veinte poemas de amor y una canción desesperada" de Pablo Neruda é o libro de poesía máis vendido do mundo. Iso apunta o éxito literario dunha temática inagotable como o amor. Das variadas e múltiples perspectivas de abordar o asunto, poden falar os convocantes do certame de cartas de amor de Radio Fene. A iniciativa cumpre 13 anos e xira dende o dia da Candeloria -2 de febreiro, cando casan os paxariños- ata o San Valentín, 14 de febreiro, dia dos namorados.
Envía a túa opinión
1-Coke Céspedes - “Para el que quiera calor”
2-Doa - “Estes meus ollos”
3-Projecto Mourente - “Baixo os eucaliptos”
4-Fantasmage - “Vuelta a empezar”
5-Ialma - “Na Iauga”