Envía a túa opinión
A Real Academia Galega é a nova gañadora do Premio Ramón Piñeiro “Facer País” na súa IX edición. Así o comunicaron hoxe Carlos López, secretario da Asociación Val de Láncara, Xurxo Rodríguez, profesor do CPI Ramón Piñeiro, e os membros da Asociación, Manuel Fernández e Marta Fernández.
Envía a túa opinión
Esta mañá tivo lugar na Fundación Caixa Galicia de Santiago de Compostela o acto conmemorativo do Día do Cooperante no que se presentou o Rexistro Galego de Cooperantes no Exterior. Ao acto acudiron Jesús Gamallo, director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Fidel Martín, director do Instituto de Estudos Sociais e Internacionais, e José Luis Quintela, director territorial noroeste de Intermon Oxfam.
Envía a túa opinión
O Presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, asistirá o vindeiro luns, 13 de setembro á unha e media da tarde, ao acto de inauguración da construción de beirarrúas na estrada provincial C.P. 1104, entre Amanecida e Beluso, na parroquia de Bealo (CP 1104 Boiro a Ponte de San Francisco, P.K. 8,4 a 10, 15). O importe da actuación ascendeu a 275.200 euros, que foron aportados pola Deputación da Coruña.
Envía a túa opinión
4 axentes de desenvolvemento local de tres concellos de Galicia participarán este verán na V edición do programa “Vacacións con Traballo”. Unha iniciativa dirixida a impulsar as políticas de cooperación e solidariedade internacional a partires do ámbito local galego promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. As catro persoas seleccionadas terán a oportunidade de intercambiar experiencias con outros axentes de desenvolvemento local dos países do Sur.
Envía a túa opinión
Uns 300 gandeiros chairegos bloquearon a entrada principal da Industria Láctea Lactalis en Vilalba como xeito de protestar pola actual situación de control dos prezos por parte de tres industrias en Galicia, a citada Lactalis, Leite Río e Leche Celta. Esta é a primeira das mobilizacións promovidas polas tres centrais sindicais galegas, o Sindicato Labrego Galego (SLG), Xóvenes Agricultores (XX.AA.) e Unións Agrarias (UU.AA.) nesta semana e que continuarán mañá na sede de Leite Río no Polígono de O Ceao en Lugo. O peche en torno á planta vilalbesa continuará durante todo o día e a noite de hoxe, 8 de setembro.