Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 18 de Xullo de 2018
Estás en Actualidade > Listado de novas
Buscador de novas BUSCAR

Como medrar despois dunha crise

Institucional 04/10/2017
  Envía a túa opinión

O novo xerente do Bar A Lareira en Laraxe (Cabanas) padeceu un cancro de pancreas. Superouno hai máis de vinte anos. Di orgulloso que entre un millón de afectados por cancro de pancreas só sobrevive un, e ese é el. Non hai nada positivo nunha doenza grave –como nun divorcio ou nun despido- pero pódese aplicar unha aprendizaxe para o denominado crecemento postraumático.

Degustacións de lacón e catas de queixo con mel

Institucional 17/11/2016
  Envía a túa opinión

Degustacións de lacón cocido e de queixo do pais con mel serán algunhas das posibilidades da II Feira do Mel de Montaña que este sábado e domingo se celebra no Viveiró en Muras. Chégase á localidade en 45 minutos desde Ferrol e desde Lugo. Está a só 15 minutos da Mariña luguesa. Haberá postos de mel, castañas e queixo, obradoiro de cestería, showcooking co cociñeiro do Restaurante Andarubel e xogos para a rapazada tanto o sábado como o domingo.

O BNG reclama derrogar o principio de estabilidade relativa na pesca co gallo do Brexit

Institucional 30/06/2016
  Envía a túa opinión

O BNG, a través da súa portavoz en Bruxelas, Ana Miranda, presentou unha iniciativa parlamentaria dirixida á Comisión Europea na que pide ao Executivo comunitario un estudo que avalíe o impacto que vai ter no sector pesqueiro galego a saída de Reino Unido da Unión Europea e, ao mesmo tempo, que se suprima o denominado principio de estabilidade relativa. Miranda lembra na iniciativa parlamentaria que o sector pesqueiro galego está condicionado dende a entrada do Estado español na UE polo principio de estabilidade relativa, un criterio de reparto de cotas baseado nos niveis históricos de capturas que implica unha porcentaxe fixa do esforzo pesqueiro autorizado para as principais especies comerciais en cada Estado membro. “Calquera que sexa a decisión que se adopte entre o Reino Unido e a UE, o sector pesqueiro galego debe ser tratado en condicións de igualdade”, indicou Miranda. “É tempo de derrogar un principio que discrimina á frota galega, pois Galiza non entendería que se sigan mantendo privilexios en materia pesqueira. É tempo de tratar ao sector pesqueiro galego como se merece” afirmou a portavoz do BNG en Bruxelas.

En Marea promete derrogar a reforma laboral e subir o salario mínimo

Institucional 13/06/2016
  Envía a túa opinión

En Marea presentou esta mañá en Compostela os eixos fundamentais do seu programa económico, desenvolvidos por un equipo de economistas coma Manolo Lago e Gonzalo Rodríguez, que participaron no acto de exposición aos medios,e que foron presentados pola candidata número 2 ao Congreso pola provincia da Coruña, Yolanda Díaz. “O programa de Economía que presentamos hoxe o que fai precisamente é colocar a economía ao servizo das persoas, xustamente o contrario do que está a facer coas súa propostas fundamentalmente o Partido Popular”, explicou Díaz, engadindo que a aposta de En Marea  “é un programa por e para á xente, centrado na creación de emprego, nas necesidades básicas e en mudar un sistema tributario profundamente inxusto e na posibilidade real de pular por outras formas de sociedade nas que a economía é relevantísima pero teñen que camiñar cara a saír das políticas de austeridade que como temos demostrado non serven para garantir un modelo social equilibrado no noso país”.

O Bloque parodia o debate de campaña das forzas estatais

Institucional 13/06/2016
  Envía a túa opinión

O BNG anticipouse ao debate televisivo que reunirá ás 22.00 horas aos catro cabezas de cartel das forzas estatais celebrando antes na Praza Maior de Lugo un debate-parodia titulado EJpañaaCuatro que contou coa presenza de simpatizantes disfrazados con máscaras dos principais candiadatos das forzas españolas: Mariano Rajoy polo PP, Pedro Sánchez polo PSOE, Pablo Iglesias por Podemos, e Albert Rivera por Ciudadanos. Para pechar este "teatro a catro" achegaron as súas propostas os cabezas de lista de BNG-NÓS por Lugo, Olalla Rodil, pola Coruña, Carlos Callón, e a portavoz nacional, Ana Pontón.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -193 -194 -195 -196 -197 -198 -199 -200 -201 -202 -203 -204 -205 -206 -207 -208 -209 -210 -211 -212 -213 -214 -215 -216 -217 -218 -219 -220 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros