Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 09 de Septembro de 2010
Estás en Actualidade > Listado de novas
Buscador de novas BUSCAR

Toni Puig: “A cultura debe comezar a abordar os temas nos que nos xogamos o futuro da humanidade”

Cultura 08/09/2010
  Envía a túa opinión

“A cultura leva 30 anos centrada no espectáculo e non tocou os catro temas básicos nos que nos xogamos o futuro da humanidade: a ecoloxía, a distribución do capital, o valor de compartir e o impulso dunha democracia máis viva”. Toni Puig, coñecido como o gurú das cidades, deixou esta opinión nos micrófonos de Radiofusiòn, unha opinión sobre a que profundará este sábado en Santiago durante a súa participación no Mercado Atlántico de Creación Contemporánea.

O MACC, unha aposta pola frescura da creatividade

Cultura 08/09/2010
  Envía a túa opinión

A creación contemporánea non xira arredor do produto, senón do proceso. Máis que as obras, importan as experiencias. Con esta filosofía ábrese este venres, 10 de agosto, en Compostela a segunda edición do Mercado Atlántico de Creación Contemporánea (MACC). Un encontro profesional multidisciplinar que ten como obxectivo a difusión e o intercambio de ideas entre creadores, artistas, produtores, xestores da cultura, empresas e institucións. Unha iniciativa da Asociación Cultural Atlantic Comnection, que desde este venres e ata o domingo 12 transformará Santiago nun mercado das ideas.

Nadadora alternan luces e sombras no seu novo disco

Cultura 08/09/2010
  Envía a túa opinión

Os grovenses Nadadora veñen de publicar o seu terceiro LP baixo o título Luz, oscuridad, luz. Un traballo con 11 temas que nos ofrece cortes e temáticas luminosas que alternan con outras máis sombrías, como indica o propio nome do disco. Segundo comentou en Radiofusión o vocalista e guitarrista da banda, Gonzalo Abalo, “hai tamén quen quixo ler no nome do álbum un resumo do que foron estes sete anos de traxectoria da banda”. Abalo asegura que en Luz, oscuridad, luz Nadadora lograron o son que tanto buscaban. Para iso, contaron coa axuda do produtor Fino Oyonarte, que incluíu “guitarras atmosféricas e un pouco ruidosas”, que achegan contundencia e rabia á banda. Esta é a primeira vez que o grupo traballa co ex-Enemigos, aínda que xa coincidiran en concertos coa súa actual banda, Clovis. Abalo asegura que o produtor se implicou moitísimo no traballo, tanto profesional como emocionalmente, considerándose parte da banda.

“Camiños en danza”, danzando polos camiños de Santiago

Cultura 07/09/2010
  Envía a túa opinión

O ciclo “Camiños en danza” do Centro Coreográfico Galego chega ao seu fin este mes de setembro con dúas presentación, ás oito desta tarde no campo da festa de Triacastela e pasadomañá, á mesma hora no Cebreiro. Trátase dun programa de difusión da danza actual galega mediante a escenificación de accións e improvisacións coreográficas a partir do espectáculo Etheria, a viaxe soñada. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e o Xacobeo 2010 colaboran nesta iniciativa que se vén desenvolvendo dende o pasado mes de xullo en emprazamentos ao aire libre e de tránsito público de localidades emprazadas nalgunha das rutas de peregrinación a Compostela.

As Meninas no olimpo neolítico de Canido

Cultura 05/09/2010
  Envía a túa opinión

Xusto a medio camiño entre o solsticio de verán e o do inverno, o sol morre sobre o olimpo neolítico de Canido. Bailaron as Meninas nos dolmens ocultos, alí arriba onde se peiteou a moura con pente de ouro. As palabras de Xosé Luís Méndez Ferrín sobre a pintura de Lodeiro poderían servir para describir a profunda e participativa intervención cultural que onte viviu un dos barrios máis emblemáticos de Ferrol.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -193 -194 -195 -196 -197 -198 -199 -200 -201 -202 -203 -204 -205 -206 -207 -208 -209 -210 -211 -212 -213 -214 -215 -216 -217 -218 -219 -220 -221 -222 -223 -224 -225 -226 -227 -228 -229 -230 -231 -232 -233 -234 -235 -236 -237 -
Publicidade

Axenda

Concerto de Arizona Baby & Friends
10/09/2010 - 22:30
Sala Le Club de A Coruña
Representación de Master Class en A Coruña
10/09/2010 - 21:00
Teatro Rosalía de Castro
O humor de Noites de Retranca en A Coruña
10/09/2010 - 20:30 e 22:30
Teatro Colón Caixa Galicia
We Have Band e Norton en Pontevedra
09/09/2010 - 23:00
Sala Karma
Concerto de Jackelberrys en O Burgo (A Coruña)
09/09/2010 - 22:30
Fórum Celticum
Nut Teatro presentan “Wake Up” no Fetega
09/09/2010 - 22:30
Multifuncional de O Carballiño
Damien Jurado actúa en Ourense
09/09/2010 - 22:00
Café & Pop Torgal
Munich e Igloo en Vigo
09/09/2010 - 22:00
La Fábrica de Chocolate Club
Festival Internacional de Curtametraxes en Bueu (FicBueu)
09/09/2010 - 21:30
Centro Social do Mar
Concerto en Compostela de Mercedes Peón
09/09/2010 - 21:00
Teatro Principal
Pecha no Cebreiro o ciclo “Camiños en danza”
09/09/2010 - 20:00
Campo da Festa

Enquisa

Paréceche correcto gastar 3 millóns de euros das arcas públicas na visita do Papa?

Últimas descargas MPEG audio

Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros