Envía a túa opinión
A Real Academia Galega é a nova gañadora do Premio Ramón Piñeiro “Facer País” na súa IX edición. Así o comunicaron hoxe Carlos López, secretario da Asociación Val de Láncara, Xurxo Rodríguez, profesor do CPI Ramón Piñeiro, e os membros da Asociación, Manuel Fernández e Marta Fernández.
Xurxo Rodríguez fala da programación dos actos homenaxe á Real Academia Galega
Envía a túa opinión
Esta mañá tivo lugar na Fundación Caixa Galicia de Santiago de Compostela o acto conmemorativo do Día do Cooperante no que se presentou o Rexistro Galego de Cooperantes no Exterior. Ao acto acudiron Jesús Gamallo, director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Fidel Martín, director do Instituto de Estudos Sociais e Internacionais, e José Luis Quintela, director territorial noroeste de Intermon Oxfam.
Jesús Gamallo fala do que supón a posta en marcha deste Rexistro
Envía a túa opinión
O Presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, asistirá o vindeiro luns, 13 de setembro á unha e media da tarde, ao acto de inauguración da construción de beirarrúas na estrada provincial C.P. 1104, entre Amanecida e Beluso, na parroquia de Bealo (CP 1104 Boiro a Ponte de San Francisco, P.K. 8,4 a 10, 15). O importe da actuación ascendeu a 275.200 euros, que foron aportados pola Deputación da Coruña.
Envía a túa opinión
4 axentes de desenvolvemento local de tres concellos de Galicia participarán este verán na V edición do programa “Vacacións con Traballo”. Unha iniciativa dirixida a impulsar as políticas de cooperación e solidariedade internacional a partires do ámbito local galego promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. As catro persoas seleccionadas terán a oportunidade de intercambiar experiencias con outros axentes de desenvolvemento local dos países do Sur.
Daniel González fala do obxectivo desta iniciativa
Envía a túa opinión
“A cultura leva 30 anos centrada no espectáculo e non tocou os catro temas básicos nos que nos xogamos o futuro da humanidade: a ecoloxía, a distribución do capital, o valor de compartir e o impulso dunha democracia máis viva”. Toni Puig, coñecido como o gurú das cidades, deixou esta opinión nos micrófonos de Radiofusiòn, unha opinión sobre a que profundará este sábado en Santiago durante a súa participación no Mercado Atlántico de Creación Contemporánea.
Entrevista en Radiofusión con Toni Puig
Envía a túa opinión
A creación contemporánea non xira arredor do produto, senón do proceso. Máis que as obras, importan as experiencias. Con esta filosofía ábrese este venres, 10 de agosto, en Compostela a segunda edición do Mercado Atlántico de Creación Contemporánea (MACC). Un encontro profesional multidisciplinar que ten como obxectivo a difusión e o intercambio de ideas entre creadores, artistas, produtores, xestores da cultura, empresas e institucións. Unha iniciativa da Asociación Cultural Atlantic Comnection, que desde este venres e ata o domingo 12 transformará Santiago nun mercado das ideas.
Beatriz García fala dalgunhas das propostas desta segunda edición do MACC
Envía a túa opinión
Uns 300 gandeiros chairegos bloquearon a entrada principal da Industria Láctea Lactalis en Vilalba como xeito de protestar pola actual situación de control dos prezos por parte de tres industrias en Galicia, a citada Lactalis, Leite Río e Leche Celta. Esta é a primeira das mobilizacións promovidas polas tres centrais sindicais galegas, o Sindicato Labrego Galego (SLG), Xóvenes Agricultores (XX.AA.) e Unións Agrarias (UU.AA.) nesta semana e que continuarán mañá na sede de Leite Río no Polígono de O Ceao en Lugo. O peche en torno á planta vilalbesa continuará durante todo o día e a noite de hoxe, 8 de setembro.
Envía a túa opinión
O Circulo Mercantil de Industrial Unidade de Fene pon en marcha unha escola de teatro. O coñecido actor e director teatral, Carlos Basoa, encargarase da docencia dunha escola que comezará a súa actividade a principios de outubro. O CMI crea tamén un grupo de teatro de adultos, que con toda probablidade se denominará "Pérez Parallé" que tamén dirixirá o actor fenés.
O presidente do CMI de Fene, Xosé Manuel Romero