Envía a túa opinión
Organizado pola Asociación Cultural Esbardu, o certame acadou en 2008 o recoñecemento como Festa de Interese Turístico Rexional, un nomeamento que lle permitiu consolidarse dentro do panorama da música celta.
Envía a túa opinión
O encontro organizado pola Sociedade Liga de Amigos reuniu na súa última edición a medio cento de persoas que conservan o apelido Barallobre. Nesta ocasión, segundo avanzou a Radio Fene o secretario da entidade, participan na Xuntanza ao redor de corenta persoas, de procedencia moi diversa.
Envía a túa opinión
O filme galego O Apóstolo, a primeira produción stop-motion estereoscópica a nivel europeo, estréase esta noite en Compostela. Trátase dun filme dirixido por Fernando Cortizo no que se mesturan o misterio, o terror e fantasía co Camiño de Santiago como pano de fondo. A cinta está protagonizada por actores como Carlos Blanco, Jorge Sanz, Paul Naschy, Luis Tosar ou Geraldine Chaplin, cuxas figuras se converten en bonecos de silicona animados.
Envía a túa opinión
A carballeira de Caldas de Reis volverá, por décimo terceiro ano consecutivo, a encherse de música. O Festival Cultura Quente bota andar ás nove desta noite cun cartel “máis ambicioso ca nunca”, segundo as palabras que deixou o seu director, Joaquín Martínez, nos micrófonos de Radiofusiòn. Inaugurarán o escenario os galegos Dirty Socks que lle darán paso a Clá, banda portuguesa que ofrecerá o seu único concerto do ano. O guitarrista americano Jonhy Winter, o ex-Massive Attack Tricky e os británicos Ocean Colour Scene son os artistas máis agardados dunha xornada que rematará coa música de Dj Amable.
Envía a túa opinión
O ministro de Industria, Miguel Sebastián, escoitou as razóns que lle achegaron o secretario de Organización do PSdeG e senador, Pablo García, xunto cos alcaldes de As Pontes e Cerceda, para que o Goberno artelle fórmulas que eviten os prexuízos que a entrada en vigor do chamado Decreto do Carbón podería ter para as centrais térmicas galegas. O feito de procurar unha solución é indicativo de que realmente existe un problema, e os socialistas galegos conceden que cómpre buscar solucións para “manter a actividade en As Pontes e Meirama”.