Publicidade 100% galegas
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 23 de Maio de 2013
Estás en Actualidade > Listado de novas
Buscador de novas BUSCAR

A Deputación avanza na achega de 735.000 euros para o arranxo das rúas Deputación e do Mercado en Guitiriz

Institucional 18/06/2010
  Envía a túa opinión

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo aprobou hoxe, venres 18 de xuño, a contratación da obra de mellora e dotación de servizos nas rúas Deputación e do Mercado na vila chairega de Guitiriz por valor de 735.000 euros. Estas rúas, que na actualidade presentan importantes deficiencias, sitúanse no treito da estrada provincial que atravesa o núcleo urbano e constitúen o principal acceso de Guitiriz á A-6.

O Consello de Ministros aproba a reforma que estende o contrato con indemnización de 33 días

Institucional 16/06/2010
  Envía a túa opinión

A extensión sen restricións do coñecido como contrato de Fomento da contratación indefinida, que indemniza 33 días ao traballador despedido, e consideración como despedimento procedente se a empresa demostra unha “situación negativa”, sen que sexa preciso acreditar un prazo mínimo de tempo, son as novidades máis destacadas do decreto de reforma laboral aprobado nesta xornada polo Consello de Ministros. O texto entrará en vigor de xeito inmediato, pero precísase aínda a súa convalidación a vindeira semana, para o que o Goberno debe acadar os apoios suficientes cos que obter unha maioría simple que permitiría manter a refroma. Nese caso, o texto tramitaríase como proxecto de lei, o que abriría o prazo para que os grupos parlamentarios o puidesen emendar. Así, a concreción definitiva da reforma non estaría lista até o outono, argumento que defenden Comisións Obreiras e UXT para xustificar a pertinencia da convocatoria de folga para o día 29 de setembro. Durante a presentación da reforma do mercado de traballo, a vicepresidenta María Teresa Fernández de la Vega asegurou que se trata da “máis importante en 20 anos” e que ten por obxectivo fundamental que “o despedimento sexa sempre a última opción”.

Os arzuáns deberán deixar constancia no Concello das fogueiras de San Xoán

Institucional 14/06/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Arzúa xa ten aberto o prazo para que as persoas que vaian facer unha fogueira na máxica noite de San Xoán, o próximo día 23 de xuño, deixen os seus datos nas oficinas da Secretaría de Alcaldía co fin de elaborar unha relación das luminarias que se farán nesa data; as persoas que se inscriban recibirán ademais as instrucións coas normas de seguridade e prevención para o bo desenvolvemento das fogueiras.


O Festival Internacional de Xardíns de Allariz xa é unha realidade nas marxes do río Arnoia

Institucional 14/06/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Allariz iniciaba hoxe a presentación do Festival de Xardíns que será proximamente inaugurado. A presentación centrouse na definición do regulamento que servirá de guía para a celebración de cada concurso anual do Festival de Xardíns, un proxecto que segundo o alcalde Francisco García “non é unha obra máis, senón que este é un proxecto estratéxico de futuro co que se pretende dar un salto cualitativo na capacidade de atracción que Allariz ten xa no ámbito do paisaxismo e no medio ambiente”


Antonio Rodríguez Miranda (PPdeG): “Aínda non sabemos se levaremos a “trama agraria” aos tribunais ou o Parlamento”

Institucional 14/06/2010
 4 comentario/s - Envía a túa opinión

A Xunta inspeccionou as sedes de Unións Agrarias porque así llo recomendaron os socialistas coas súas declaracións públicas. Nesta interpretación sobre a polémico rexistro que realizaron os empregados nas oficinas do sindicato afondou en Radiofusiòn o voceiro do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda. Cando os populares comezaron a denunciar a presunta “trama agraria”, desde o PSdeG apuntaron que moitas das asociacións ás que sinalaban continuaban a recibir financiamento coa actual Xunta. Unhas palabras que, segundo a tradución de Miranda, significaban que a Administración debía comprobar de oficio se se estaban a dar axudas irregulares. “Ningún empresario se sorprende se chegan funcionarios ao seu negocio a comprobar as subvencións que recibe”, defendeu o voceiro popular.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -
Publicidade

Axenda

Enquisa

Quen son os culpabeis da crise económica?
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros