Envía a túa opinión
30 anos cumpre a Feira do Viño de Amandi. Unha gran carpa cubrirá o recinto feiral que un ano máis atraerá ao Concello de Sober (Lugo) a numerosos visitantes este sábado 27 e o domingo 28 de marzo.
Envía a túa opinión
O son de Cociña, co seu Lácteo Mare e a cervexería Tarnas co seu Tarnasalado son os gañadores do III Concurso de Tapas do Concello de Fene, nas modalidades creativa e tradicional, respectivamente.O dia 9 de abril entréganse os premios.
Envía a túa opinión
A Xunta de Galicia presentará recurso de inconstitucionalidade contra o Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria. O conselleiro da Presidencia Alfonso Rueda anunciou esa decisión, indicando que o citado ente "non respeta as competencias de Galicia", actitude agravada "ante a intransixencia amosada polo goberno central no proceso de fusión das caixas e na negociación da Lei que regula estas entidades bancarias, recurrida á súa vez polo executivo de Zapatero.
Envía a túa opinión
O centro de PSA Peugeot Citroën en Vigo calculou que a un total de 550 os traballadores eventuais non se lles renovará o contrato a consecuencia da baixada de cadencia no sistema dous de produción –que fabrica os monovolumes– a partir de abril. Esta cantidade é inferior á prevista inicialmente, ao redor dos 700 efectivos.
Envía a túa opinión
O foco mediático colocado sobre o conflito de Touriñán non está a deixar ver outros asuntos relevantes que se recollen na reforma da Lei do Solo que aprobou o Parlamento Galego. Isto semella o único no que están de acordo PpdeG e BNG con respecto a esta norma. O popular Román Rodríguez e a nacionalista Teresa Táboas defenderon nos micrófonos de Radiofusiòn a necesidade de prestar atención ás novidades que esta reforma aporta á ordenación do territorio, pero fixérono desde perspectivas opostas. “Vai mellorar o marco xurídico para que os concellos desenvolvan o seu urbanismo”, argumentou Rodríguez; mentres que Táboas asegurou que se trae a Galicia un modelo que xera corrupción.