Envía a túa opinión
Protexer o asentamento castrexo da choiva e do vento é o principal obxectivo dos traballos iniciados esta semana. As estruturas cubriránse con material xeotéxtil e serán reforzadas con sacos terreiros, co obxecto de conferir firmeza e sustentación provisional ao xacemento. Finalmente, o conxunto protexerase con árido de pequeno diámetro. Todas as actuacións teñen un carácter reversible, segundo salienta a Xunta de Galicia.
Envía a túa opinión
A onda de peche dos medios de comunicación en galego non só atinxe aos xornais en papel. A falla de axudas da Xunta de Galicia xunto coa crise económica tamén afecta agora aos dixitais. Detrás de Vieiros e GZnación, esta semana anunciaron o seu peche as versións electrónicas de Xornal e de A Nosa Terra.
Envía a túa opinión
O outro día tiven a sorte -por non dicir o privilexio- de ver, no Pazo da Cultura de Narón, un traballo extraordinario de Lagarta-Lagarta, a compañía que xestionan Rosa Álvarez e Ernesto Chao, dirixido por ela e protagonizado por el, formando trío con Belén Constenla e César Cambeiro. A obra, "Unha hora na vida de Stefan Zweig", do xove autor canario Antonio Tabares, en versión galega de Avelino González e Olga Nogueira. Tres intérpretes vestidos pola directora Rosa Álvarez, nun estrito e fermoso espazo deseñado por Ernesto Chao e iluminado por Alfonso Parra.
Envía a túa opinión
Envía a túa opinión
Son poemas de humor absurdo. Contan con 5 versos, rima consoante e chámanse “límericks” aludindo á cidade de Irlanda, onde se popularizan no século XVIII. Deben de incluir o nome dunha vila ou dun lugar. O profesor do IES de Canido en Ferrol Antón Cortizas elaborou “limericks” de Galicia. O seu conxunto sairá do prelo no mes de novembro co nome de “Vaia tropa” con Edicións Xerais.