Envía a túa opinión
O próximo venres día 28 unha parella veciña de Caranza- Ferrol- Pilar e Manuel (68 e 64 anos de idade), que leva vivindo máis de 35 anos no barrio, vai ser desafiuzada da súa vivenda, despois de sufrir unha suposta estafa por parte do BBVA. Así o considera a Rede de apoio mútuo de Ferrol Terra que chama á solidaridade con estes veciños. Convocan concentracións mañán martes 25 diante do banco na Praza do Callao de Ferrol e o venres 28 no domicilio da parella en Caranza.
Envía a túa opinión
Verdegaia decidiu recoñecer, co seu premio Semente, ás persoas e colectivos que traballan a prol da soberanía alimentar e sinalar negativamente, co Cemento, as empresas e institucións que se atopan detrás dos proxectos de fumigación dos montes. Os Semente-Cemento son galardóns outorgados pola base asociativa deste colectivo ecoloxista para destacar as actuacións que consideran máis relevantes do ano en relación ao medio, tanto no positivo como no negativo. O acto de entrega terá lugar este domingo en Santiago.
Envía a túa opinión
Os tres sindicatos agrarios galegos anunciaron unha nova mobilización para o 4 de outubro e actos de protesta a vindeira semana en Lugo e A Coruña. Afirman que están afogados e que a Administración non lles achega ningunha solución. Piden ao Goberno que faga inspeccións para evitar fraudes e abusos nas cadeas de distribución e aos consumidores que merquen leite galego de calidade. Segundo o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, se un supermercado vende o litro de leite a menos de 50 céntimos é porque ou non é de calidade ou aprovéitanse dos gandeiros e citou como exemplo a Gadis.
Envía a túa opinión
Máis de 100 persoas participaron esta tarde na xornada "Móllate polo galego" celebrada na praia de Tanxil e organizada pola plataforma Vitaminas para o galego e máis polo Concello da localidade. Xentes de todas as idades e practicantes de parapente e de windsurf déronse cita nunha actividade convocada para apelar á cidadanía sobre a necesidade de poñer en valor e utilizar o noso idioma. Entre eles atopábase o alcalde de Rianxo Adolfo Muiños.
Envía a túa opinión
Un auténtico éxito de público e de emoción viviuse a pasada noite e esta madrugada en Sada. 12 grupos e intérpretes e 6 DJS actuaron na rúa do Río para homenaxear ao pub Moby Dick que ten que pechar as súas portas. "O espiritu da balea era o do rock and roll e do amor libre" manifestaba unha das asistentes ao acto.