Envía a túa opinión
O entendemento entre os galegos que Alberto Núñez Feijóo lle demandou ao Apóstolo durante a participación do presidente da Xunta como delegado rexio na Ofrenda da Traslación celebrada onte na Catedral de Santiago, semella unha quimera. Malia que vén de ser referendada polo Parlamento esta semana, a nova Lei de Caixas seguirá a ser protagonista do debate social e político durante o vindeiro ano 2010. O motivo? Que lle agardan unha manchea de recursos, anunciou o secretario xeral do PSdeG, Manuel Vázquez.
Envía a túa opinión
Estamos a finais de ano e os políticos galegos fan balance. A oposición parlamentaria botou contas do medio ano de xestión do líder do PPdeG á fronte da Xunta e resolveu que merece carbón. As mesmas acusacións que o titular de San Caetano lle fai ao Goberno central pola crise do emprego, fóronlle devoltas polos seus rivais políticos no Parlamento de Galicia. Alí onde Núñez Feijóo sinala “improvisación” por parte da Moncloa, o PSdeG e o BNG detectan “parálise” en Monte Pío.
Envía a túa opinión
Galicia conta cunha nova Lei de Caixas, que substitúe á anterior do ano 1985, e que o Parlamento non foi quen de aprobar de maneira unánime. O PSdeG contrapuxo os seus 27 votos fronte aos 37 do PP e os 11 do BNG, que xuntos abondaron para dar luz verde á reforma. Os grupos si acordaron que, no caso de que Caixa Galicia e Caixanova comecen un proceso de fusión, se lle consulte ao Parlamento antes de que o Consello da Xunta o sancione favorablemente. No resto de aspectos, os socialistas opuxéronse ás outras dúas forzas, que desbotaron as súas enmendas.
Envía a túa opinión
A xestión do Concello de Fene neste 2009 caracterizouse pola improvisación, segundo afirma o Bloque Nacionalista Galego. Un ano perdido no que non se atenderon ás necesidades dos veciños e veciñas. Segundo os nacionalistas, neste ano de crise económica, non se axudou ás familias máis necesitadas nin se impulsou a formación e a xeración de emprego. Un balanzo negativo do que responsabilizan ao alcalde, Iván Puentes.
Envía a túa opinión
A emigración galega non existe só cando se fala do voto en urna ou se fan xiras diplomáticas para visitar aos residentes no exterior. A Xunta entende que hai eivas no trato da Administración coa diáspora que pretende resolver mediante unha nova Lei do Retornado que elabora a instancias do Grupo Popular no Parlamento e cuxo contido se dará a coñecer en breve. A oposición saúda a idea, pero demanda que se teñan en conta as súas achegas.