Envía a túa opinión
"Denunciase tamén o que todos sabemos, por se non tíñamos reparado, por se o esqueceramos ou por se non o miráramos dese xeito", afirma Xaquín Marín, artista que inaugura o local de exposicións do Ciber de Mao, na rúa do Concello de Fene (A Coruña).
Envía a túa opinión
A primeira hora da tarde rematou sen acordo unha nova reunión entre PPdeG, PSdeG e BNG para celebrar debates electorais entre os candidatos á Presidencia da Xunta, despois de que non frutificase tampouco a xuntanza de onte. O problema téñeno populares e socialistas. O coordinador de campaña do PP, Alfonso Rueda, négase a que o debate entre PSdeG e BNG sexa o venres 5 de outubro, como queren os socialistas, porque coincide cun partido de fútbol e tería pouca audiencia. Mentres o coordinador de campaña dos socialistas, Pablo García, asegura que os días fixados polo PP para os debates non son iguais e pide tempo para chegar a un pacto que contente a todos.
Envía a túa opinión
Un dos buques hoteis para Pemex construiráse en Navantia e o outro no estaleiro Barreras de Vigo, segundo se puxo de manifesto este mediodía no acto de asinatura do contrato entre a SEPI, Barreras e a petroleira mexicana. Os barcos darán emprego durante 30 meses a 3.000 empregados, segundo salienta a Xunta de Galicia.
Envía a túa opinión
O concello de Ferrol acollerá o domingo o “XVI Trofeo Internacional de Iolas Cidade de Ferrol”, a partir das 09.00 horas nas proximidades da ensenada do Castelo de San Felipe. Este trofeo coincidirá co campionato galego desta modalidade deportiva e nel participarán 15 clubs procedentes de Portugal, Navarra, Asturias e Galicia. Está organizado polo Club de Remo San Felipe xunto coa federación Galega de Remo, e conta co patrocinio do Concello.
Envía a túa opinión
Preocúpame que a xente estea interesada en pasar a morte en lugares fermosos e non tanto a vida. Os mafiosos aínda tiñan o respecto suficiente para darlle de comer aos peixes cadáveres enteiros, pero hogano, como se o mar fose un acuario, collemos o costume de esparexerlles enriba pos de cinza que, a falla de estudos que o confirmen, teñen que ser malísimos para as branquias. Dun tempo a esta parte o océano ten que aturar os sentinazos dos grandes buques e tamén aos mortos en formato granulado que, a falta de río Ganxes, queren repousar na beleza brava do Atlántico. Cadaquén dispón da súa morte como mellor pode e despois os que o sobreviven cumpren ou non. O meu avó, canso desa terrible humidade de Carballo e coñecedor das sombras do camposanto local, pediu sempre un nicho no que dera o sol para descansar ao quentiño. Eu agardo que alí onde estea lle cheguen as raiolas que, con menos frecuencia da debida -que Bergantiños non é Benidorm-, alumean hoxe no mármore da súa tumba.