3 comentario/s - Envía a túa opinión
O Concello de Guitiriz presentou a programación deportiva para as vindeiras semanas, que terá como pratos fortes a 4ª carreira popular termal, este mesmo sábado 12, a 3ª Gala do deporte o 25 deste mes e o terceiro trofeo de fúbol sala “Concello de Guitiriz” que enfrontarán o 3 de outubro ao Azkar Lugo e a selección galega.
Envía a túa opinión
A plataforma Salva o Tren reuniuse co conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, co obxectivo de demandar á Xunta que aposte polo ferrocarril de proximidade e evite que o Ministerio de Fomento elimine os servizos deste transporte. O primeiro dos pasos debe ser, segundo o colectivo, o de restablecer a estación de Portas, en Pontevedra. “Esta foi a primeira que desapareceu e a súa recuperación pode supor un impulso para defender o tren de cercanías”, explicou en Radiofusiòn o coordinador da plataforma, Fernando Gómez Camarero.
Envía a túa opinión
Se a sanidade é un servizo gratuito para toda a cidadanía, tamén debe ser así co ensino. E dentro desa gratuidade universal, incluense os libros de texto, segundo o presidente da Federación de ANPAs de Ferrolterra Javier Sánchez. Trátase de buscar servizos gratuitos e de calidade, dentro do que se cualifica como un estado social.
Envía a túa opinión
O persoal docente das Escolas Oficiais de Idiomas declarouse hoxe e mañá en folga en protesta pola circular na que a Consellería de Educación dita as instrucións para a organización do curso 2009-2010. Esa circular establece un aumento no número de grupos que cada profesor debe atender e unha diminución das horas que estes poden dedicar a actividades complementarias ou de apoio. Os sindicatos entenden que estas medidas suporán un recorte de postos de traballo e unha rebaixa na calidade do ensino.
3 comentario/s - Envía a túa opinión
Traen para Vilar do Colo os refugallos que non queren en Holanda. A Asociación ecoloxista Aetna denuncia o depósito nunha zona próxima ao polígono industrial de Fene e Cabanas de material contaminante altamente tóxico. Trátase de residuos procedentes do asfalto e de antigas estradas.