Envía a túa opinión
Mañá porase en marcha unha das grandes citas do verán na Terra Chá, sobre todo para aqueles que gusten das boas festas. A Festa da Carballeira de Castro de Ribeiras de Lea encherá de actividades, música e boas viandas a fin de semana.
Envía a túa opinión
A morte dunha muller en Cabanas no pasado mes de novembro podería esclarecerse nos vindeiros dias, cando concluia a analise das probas atopadas pola Garda Civil. Continua en prisión preventiva o único acusado, José Zapatero, antiga parella da victima e pai da súa filla menor. El nega ser o autor do crime.
Envía a túa opinión
Todos os 6 de agosto as parroquias de Fene e Maniños celebran o dia do seu patrono, o Divino Salvador. En Maniños este ano non houbo comisión de festas e en Fene o grupo organizador reduciu o seu presuposto ata os 30.000 euros. Neste dia, o Concello de Fene celebra un dos seus 2 festivos locais.
Envía a túa opinión
A música pop de "Elodio y los Seres Queridos" escoitaráse este venres, 7 de agosto na localidade ourensana de Ribadavia. O concerto do cuarteto será ás doce da noite na Sala La Lola. O custe da entrada é de 3 euros. Catro persoas atópanse baixo este pseudónimo tan particular: Manuel Santamaría(piano, teclados e coros), Pablo Muñíz baixo),Eladio Santos (voz, guitarra acústica, eléctrica e española e flauta barroca), e Juan de Dios, no referente a producción e programaciones, amais de engadir guitarras, saxo…
Envía a túa opinión
O Plan de Calidade de Ferrol-Ortegal seguindo o modelo MACT (modelo de aproximación da calidade turística) chegou ao seu fin. Despois de máis dun ano de traballo 35 empresas e institucións de diversos sectores das dúas comarcas serán distinguidas con este distintivo, incluídos tres concellos polas súas oficinas de turismo (Ares, Cedeira e Ortigueira), o propio PDPT Ferrol-Ortegal e o Consorcio Pro-ferias e exposicións.