Envía a túa opinión
Ao longo da mañá, rapaces e rapazas de distintos centros de ensino están a pasar polas instalacións do Círculo de Perlío para participar nos obradoiros ecolóxicos e no cinefórum ambiental que organiza a Concellería de Medio Ambiente de Fene. O ciclo rematará mañá cunha nova sesión de obradoiros e cunha mesa redonda na Casa da Cultura (19 h.) sobre a “problemática ambiental da Ría de Ferrol”.
Envía a túa opinión
A Asociación Xermolos de Guitiriz, xunto con outras de Aranga e a Asociación da Memoria Histórica de A Coruña están a estudar a existencia de fosas comúns da Guerra Civil nestes dous concellos chairegos. A investigación está aínda no seu comezo, sen que haxa unha cifra aproximada de represaliados. Desde Xermolos tamén se anunciou a futura organización dunhas xornadas paralelas aos traballos de recuperación dos cadáveres, co obxectivo de contribuír á recuperación da historia oral e de “empregar a memoria como arma para combater o esquecemento”, segundo afirmou Alfonso Blanco Torrado, representante da organización chairega.
Envía a túa opinión
O Expediente de Regulación de Emprego aberto por Leche Pascual para a súa fábrica de Outeiro de Rei (Lugo) non se xustifica nin polas súas causas económicas, nin polas organizativas ou tecnolóxicas. Así o entende a Consellaría de Traballo dirixida por Beatriz Mato, que desbota as teses defendidas pola firma industrial para proceder á extinción dos 155 postos de traballo existentes na súa factoría galega e que tamén suporía a desaparición dun 10 por cento da plantilla da fábrica burgalesa de Aranda de Duero.
4 comentario/s - Envía a túa opinión
Falemos hoxe dos contratos. Eu, basicamente, coñezo os contratos eventuais, a tempo parcial ou ata fin de obra, e, segundo as estatísticas, a maioría de nós só ten constancia de que as relacións laborais están suxeitas á temporalidade: haberá algún empresario filósofo que sosteña que grazas á finitude do noso sostén económico, así nos preparamos tamén para cuestións maiores, como o “vita brevis”. Cóntase por aí, e algúns confirman que os viron, que tamén existen os contratos fixos, pero eu estaría por asegurar que esa idea procede da ciencia ficción. Sobre os contratos tamén hai literatura: da maneira en que se artella a nosa vida, escribiu Jean-Jacques Rousseau na obra “O contrato social”, e outro que tamén xerou páxinas, por exemplo no “Fausto” de Goethe, foi o contrato favorito dos executivos da televisión: o contrato mefistofélico. Este vén a dicir que, en esencia, todo é a cambio de algo, e se falamos de entretemento televisivo, máis.
Envía a túa opinión
A música de Glutamato Yeyé trasladarase a Ponferrada o vindeiro 13 de xuño. A banda madrileña está a preparar un concerto na cidade castelá, ao que asistirán preto de 20 glutamateiros para apoiar e desfrutar co directo deste insigne grupo da movida dos anos 80, que saltará ao escenario da sala La Vaca sobre as 00.00 horas.