Envía a túa opinión
A cantautora hispano-danesa ofrecerá no Teatro Jofre (20:30 h) un dos dous concertos previstos en Galicia, dentro da súa xira de presentación de “Tu labio superior”.
Envía a túa opinión
O Concello de Xermade organiza un fin de semana de actividades para a súa veciñanza. Ao seminario “Actividades empresariais de aproveitamento dos recursos locais”, que leva a cabo hoxe ASEFOGA (Asociación Sectorial Forestal Galega), xunto con FEGAMA, e a UNED Senior de Xestoso-Momán, haberá que sumarlle dous obradoiros que se celebrarán en Roupar.
Envía a túa opinión
A Fundación Sotavento Galicia participou, por segundo ano consecutivo, nos “European Solar Days”, que se celebraron do 12 ao 22 de Maio e que están coordinados en España pola Asociación Solar de la Industria Térmica (ASIT), en colaboración coa European Solar Thermal Industry Federation (ESIT), European Photovoltaic Industry Association (EPIA) e outras 20 organizacións.
Envía a túa opinión
O grupo lucense do PSdeG, personificado nas figuras do senador e secretario provincial Luis Ángel Lago Lage, da deputada en Santiago, Sonia Verdes, e do parlamentario José Tomé Roca, reuniuse onte co Comité de Empresa de Leche Pascual, representado polo seu presidente, Pedro Neira, para avaliar o estado do ERE. Despois da xuntanza, o secretario provincial do PSdeG-PSOE de Lugo, Luis Ángel Lago Lage, ratificou o apoio do seu partido aos traballadores desta empresa e cualificou de “vergoñento” que Pascual “intente reducir gastos, facer caixa e aumentar beneficios a costa dos seus traballadores, das súas familias e dos seus empregos”.
1 comentario/s - Envía a túa opinión
Da segregación, á reagrupación. Se a Consellaría de Educación non desbota dividir ao alumnado galego en función do idioma vehicular que escollan os seus pais unha vez que saia adiante un novo Decreto do galego no ensino, agora vén de remitir unha circular aos centros escolares na que se lles demanda, de cara ao vindeiro curso, reagrupar nunha mesma aula a aquelas que teñan 20 ou menos alumnos, ainda que estes sexan de cursos distintos. Os sindicatos pensan responder e a CIG-Ensino xa anunciou que esixirá a retirada da orde, “porque rebaixa a calidade do ensino e vai supor reducir o profesorado nos centros”, declarou o seu secretario nacional, Anxo Louzao.