Envía a túa opinión
O Club Montaña Ferrol, programa 2 actividades para este fin de semana. Mañá sábado ás 16'30h, a entidade ecoloxista e a Asociación de Veciños Prioriño, farán un percorrido polas terras deste cabo, que conforma a bocana de ría de Ferrol. A saída aberta a todos os que queiran coñecer esta impresionante contorna, recorrera´os acantilados do Pieiro, o descoñecido monumento ao Dornier, os tuneles de Priroriño e a reconstruída bateria de Viñas.
Envía a túa opinión
A parroquia de Nespereira en Pazos de Borbén acolle este domingo unha nova edición da festa do ovo, onde se servirán máis de mil racións preparadas con ovos caseiros. Prezos populares nunha festa gastronómica na que se presentará o ovo preparado nas súas diversas modalidades, aínda que o prato estrela volverá ser o combinado de ovos fritidos con patacas e chourizo.
Envía a túa opinión
Goberno e oposición enfróntanse polas actuacións con cargo ao Fondo Estatal de Inversión Local. O bipartito defende a importancia das obras previstas por valor de 5’1 millóns de euros e os populares critican que as empresas contratadas só vaian dar emprego a 84 parados.
Envía a túa opinión
A Asociaçom Galega da Língua, AGAL, defensora da corrente reintegracionista no idioma galego, sumarase á mobilización deste domingo en defensa do idioma porque, malia que denuncian que a convocatoria de A Mesa pola Normalización Lingüística non é suficientemente integradora coas súas propostas, cómpre dar a imaxe de unidade. Con todo, AGAL elaborou o seu propio manifesto co título “Galego, sempre mais. Contra a imposiçom do castelhano”, que, segundo o presidente do colectivo, Alexandre Banhos, denuncia a tendencia á imposición do castelán nun país, Galicia, que xa ten idioma de seu.
Envía a túa opinión
Nada ten que ver un Gran Irmán cun Irmán Maior, ou polo menos iso é o que tenta demostrar a canle Cuatro co seu último programa de coach, ou de adestrador para entendérmonos: espazos con finalidade didáctica que pretenden axudarlles aos espectadores a resolver situacións de conflito mediante o experimento con protagonistas cobaia que se prestan ao espectáculo. O coaching pode ser divertido cando nos ensinan a adestrar mascotas ou mesmo a seguir un plan de adelgazamento axeitado, pero convértese en cousa máis seria cando se alimenta da desesperación das familias que, incapaces de resolver un problema, non teñen obxección a expor as súas miserias de portas para fóra e, a través da pantalla, de portas para dentro do resto de fogares do país.