Envía a túa opinión
O campo dos Pinares- Perlío- acolle este domingo a primeira xornada da 4ª Liga Galega de Flag Football. Os encontros comezarán ás 10:30 da mañán. O CFA Trasnos, de Fene, o Club San Francisco, de Teo, o Towers, de A Coruña, e os Guardians, de Vigo, tomarán parte nesta 4ª Liga Galega de Flag Football, que se prolongará durante catro xornadas.A entrada ao campo é totalmente gratuíta.
Envía a túa opinión
Ferrolterra co sector naval. Os 20 Concellos da comarca respaldan a petición de carga de traballo. Os estaleiros son cruciais para a criación de emprego nas terras de Ferrol, Eume e Ortegal. As Corporacións locais celebraron onte ás seis da tarde plenos extraordinarios nos que se respaldaron declaracións institucionais. O alcalde de Fene Gumersindo Galego ao remate do pleno, dirixíue ao goberno central e pediu que se pense no pasado inmediato desta comarca xa moi castigada. O primeiro rexedor reclama que se busque traballo no mercado internacional para os estaleiros da ría.
Envía a túa opinión
O Bloque Nacionalista Galego defende, neste momento de crise económica e para que o crédito chegue ás familias e pequenas e medianas empresas, a necesidade de que Galicia conte cun instrumento financeiro propio. Así, e ante a posibilidade de que Novagalicia salga a poxa, esta formación propón “nacionalizar” Novacaixagalicia (NCG) “por interese xeral” ou crear de “cero” unha entidade pública galega, que se podería iniciar con 500 millóns de euros. Non obstante, os nacionalistas aínda ofrecen unha terceira opción para que Galicia conte cunha entidade financeira de seu. Consistiría en abandonar o proxecto de Novagalicia Banco e sobre a base de Novacaixagalicia, cuxo capital “está infravalorado”, din, polo Banco de España, “reconstruír unha nova caixa de aforros”.
Envía a túa opinión
O equipo prebenxamín da Sociedade Deportiva Barallobre está a piques de culminar unha gran campaña. Gañáronlle ao lider e xóganse o segundo posto a vindeira fin de semana en Neda. Están empatados a puntos e o que gañe proclamaráse subcampeón da Liga.
Envía a túa opinión
Máis de 700 artesáns procedentes de galicia, Asturias e O Bierzo, dánse cita este sabado en Fene no Encontro de Artesáns que coordina a Asociación O tadetas. Máis de vinte comercios feneses participarán o domingo no 1º Salón do comercio fenés, coordenado pola Asociación O Cruceiro. Os dous eventos que ocuparán o pavillón da Xunqueira de San Valentín toda a fin de semana están apoiados polo Concello. O alcalde, Gumersindo Galego , presentounos esta mañán, agradecendo ás duas asociacións o seu esforzo e agradecendo ás empresas a sua colaboración. Galego presentou o cartel “Ven a Fene” unha nova publicación na que se detallan os acontecementos culturais de Fene ao longo do ano.