Envía a túa opinión
Toda a plantilla da antiga Bazán botouse á rua para arroupar aos traballadores das auxiliares do Naval que se movilizaron esta mañá contra os despidos, que se cobraron xa 900 parados nos ultimos meses nos estaleiros de Fene e Ferrol. Entre os dous concellos discurríu a marcha a pé que saíu ás 11.15 despois de celebrar en Navantia Ferrol unha asamblea. Unha hora despois remataron a andaina diante da casa do concello de Fene, onde visitaron aos mariscadores-as que manteñen o peche que hoxe cumpre 21 días e de momento, sen noticias de ter cobrado os atrasos por parte da Xunta. Dous conflictos que se dan a man nesta xornada na que o ánimo dos mariscadores decae por momentos.
Envía a túa opinión
A Antonio Casares Rodríguez atribuíuselle unha paternidade figurada. Para as xeracións que o sucederon é o pai da Química galega. Pero ademais foi pai verdadeiro dunha famosa liñaxe de investigadores. Nela figuran os seus fillos Antonio Casares Gil, eminente botánico; e o químico José Casares Gil; ademais do neto, Fermín Bescansa Casares, prestixioso ficólogo. A tradición esténdese até os nosos días, xa que o seu tataraneto ocupa arestora a reitoría da Universidade de Santiago de Compostela. Juan Casares Long participará na homenaxe que se lle tributa este serán ao seu devanceiro co gallo do Día do Científico Galego.
Envía a túa opinión
En visperas do dia do Libro, o concello de Fene ven de aprobar as bases da XXX edición do Premio de novela longa “Eduardo Blanco Amor”, do que será sede este ano. Poderán concorrer ao premio, dotado con 12.020 euros, todos os autores e autoras, de calquera nacionalidade, que presenten unha ou varias obras escritas en lingua galega segundo a normativa oficial. O prazo de admisión dos orixinais rematará o día 28 de setembro de 2012. O ditame do xurado darase a coñecer no mes de novembro de 2012.
Envía a túa opinión
O Concello de Ferrol abrirá mañá o prazo de presentación de ofertas para a instalación de céspede artificial no campo de fútbol municipal de Aneiros. As empresas interesadas en facerse con esta obra teñen 26 días naturais para presentar as súas propostas, segundo o anuncio de licitación que se publica no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de hoxe.
Envía a túa opinión
Oito comercios do Concello de Fene participan no Concurso de escaparates de primavera, convocado para incentivar as compras no comercio local. Despois do éxito acadado co concurso de escaparatimo no Nadal, agora chega o da primavera. Os escaparates amosaránse durante toda esta semana , do luns 23 ao venres 27 de abril, ata que un xurado especializado dea o seu veredicto. Dos obxectivos do concurso fálanos o concelleiro fenés de Promoción económica e Facenda, Juan José Franco.