Envía a túa opinión
Os representantes dos usuarios-as do Centro Sociocomunitario de Fene, acompañados polo alcalde, Gumersindo Galego, e a concelleira de Asuntos sociais, Xoana Barro, reuníronse coa Secretaria Xeral de Traballo e Benestar, para demandarlle a permanencia da Traballadora Social no centro da Torre. Coro Piñeiro contestoulles que non é fácil dar marcha atrás á supresión desa praza, sobretodo tendo en conta que a traballadora social é interina no centro fenés e porque en ningún centro destas características en Galicia, onde hai director, existe a figura da traballadora social.
Envía a túa opinión
O vindeiro domingo 15 de abril caerá o telón da Mostra de teatro Afeccionado de Ferrol. O XII Ciclo “Domingos a escena” que pecha esta edición cunha media rexistrada de 219 espectadores por función. Pechará o domingo dia 15 coa representación de "VAIA TROPA!" adaptación da obra de Hugo Daniel, levada a escena por TEATRO ADLÍBITUM. Ao remate desta representación darase a coñecer a obra gañadora do Premio do Público. Este premio otórgano os espectadores coa votación que lle asignan a cada obra ao remate de cada representación.
Envía a túa opinión
O cantautor Bob Dylan será o protagonista da X edición das Xornadas Literarias de Neda- A Coruña- organizadas polo Concello coa colaboración da Facultade de Humanidades da Universidade da Coruña para conmemorar o Día Mundial do Libro. Celebraranse os días 18, 19 e 20 de abril, no campus ferrolán e na Casa das Palmeiras de Neda. As xornadas contarán este ano con ponentes da talla do especialista en cine e literatura José Manuel Sande, do poeta Antonio García Teijeiro ou do escritor local Vicente Araguas. Todos eles grandes coñecedores da obra e traxectoria de Bob Dylan.
Envía a túa opinión
Rajoy reaccionaba onte aos ataques dos mercados sobre a débeda española e ás esixencias da UE anunciando por sorpresa recortes por máis de 10.000 millóns de euros nos dous servizos públicos básicos, a sanidade e a educación, que o líder do PP prometeu deixar á marxe se chegaba á Moncloa. Pois ben, malia este axuste adicional, a presión dos mercados non remitiu hoxe e os investidores seguen amosando a súa desconfianza en España. A prima de risco alcanzou nesta xornada os seus niveis máis altos e o Ibex-35 tinguiuse de vermello. Desde comunidades como a galega xa reaccionaron a este anuncio do Goberno central. Os grupos da oposición, PSdeG e BNG, alertaron contra “o tiro de graza” que supón á sanidade e á educación públicas o novo recorte de 10.000 millóns de euros e criticaron a actitude que mantén até o momento o presidente da Xunta.
Envía a túa opinión
Estamos nun bo momento para os euroescépticos, que na encrucillada actual atopan “a confirmación da negrura na que ía caer o Estado e Galicia”, concede o coordinador da Aula Castelao Carlos Calviño. Europa é o tema a debate na XXIX Semana Galega da Filosofía que se está a desenvolver en Pontevedra coa presenza de filósofos, políticos e economistas galegos e do resto do continente dispostos a realizar achegas críticas sobre a situación da Unión Europea, unha construción administrativa superposta ao territorio pero que segundo explicou o responsable das xornadas a Radiofusión, non pode borrar a imaxe romántica de depósito do vello mundo: “Europa podería ser unha realidade bela e fermosa, pero deixámonos capturar polo medo”.