Envía a túa opinión
O que fora secretario local do PSOE e concelleiro de Fene en varios mandatos, Manuel Anxo Rodríguez Carballeira, ven de presentar a baixa no partido. Unha decisión personal que non está ligada á marcha doutros tres afiliados de Fene, entre eles o que fora concelleiro socialista, Jorge Yáñez. A marcha de Rodriguez Carballeira, segundo confirmou él mesmo a Radio Fene, produíuse xa no mes de novembro, antes das eleccións xerais. Nese momento comunicou a decisión por escrito ao partido, explicando as razóns que o levaron a dar ese paso. Segundo as suas escasas palabras; a razón última da baixa é que non cré neste momento que o partido socialista sexa un instrumento adecuado para transformar a sociedade.
Envía a túa opinión
EU manterá unha xuntanza cos socios e socias do Centro Sociocomunitario de Fene esta semana. Queren escoitar de perto os seus problemas e inquedanzas e, se fora necesario, apoialos nalgún tipo de movilización. A última nova de que o centro pechará as portas os sabados, domingos e festivos, é a gota que colma o vaso da preocupación polo estado do centro da terceira idade, segundo declaraba esta mañán a concelleira de EU, Mª Carmen Martínez.
Envía a túa opinión
Un xove fenés, de profesión enxeñeiro industrial, destápase como un fotógrafo singular. Falamos do veciño de Sillobre, Alex Pérez, que ven de recoller do Centro Comercial Dolce Vita de Narón unha curiosa exposición de retratos de muller que colgou por primeira vez baixo o título “Deadlywood" unha sorte de palabra que nos trae á mente ás vellas glorias de Hollywood.
Envía a túa opinión
Se os xornais debuxan por unhas horas un mapa efémero da actualidade -polo menos até que son engurrados para botalos ao lixo e substituílos por outros novos-, neles hai para os lectores hai sempre puntos de refuxio. Moitos dos que lían o desaparecido Xornal de Galicia atoparon unha desas paradas nos artigos asinados por Carme Adán, deputada do BNG. Xuntando os puntos sinalados por eses textos podemos trazar un mapa novo que son as “Cartografías do derrubo”, o título da obra que recompila esas columnas e que vén de editar Difusora das Letras. Adán explicou en Radiofusiòn que no ánimo dos 109 textos reside “a vontade de pensarnos doutro xeito”.
Envía a túa opinión
A Vuelta ciclista a España volverá a pasar por Ferrol. O pelotón chegará a cidade o día de San Ramón, 31 de agosto. A cidade naval será a meta da etapa décimo terceira, que sairá de Santiago de Compostela e coa que a organización do evento quere homenaxear o Camiño Inglés.