Envía a túa opinión
Ex-alumnos da Academia Devesa de Fene reuniránse nun xantar de reencontro a celebrar no restaurante Mundial de Fene, o sabado 13 de abril ás 15.00h. Un grupo de ex-alumnos organizan a xuntanza para a que se debe reservar praza antes do 9 de abril, ingresando nunha conta na Oficina de Correos o prezo estipulado.
Envía a túa opinión
“Porque non é posible que un alto cargo de sanidade, nos '90, a man dereita de José Manuel Romay Beccaría, descoñecera que toda unha xeración morrera xa en Arousa (a xeración perdida) por causa do SIDA”. Eis unha das xustificacións que presenta a petición aberta na popular plataforma de internet Change.org para solicitar directamente ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a súa dimisión tras coñecerse que, tal e como demostran as fotografías publicadas polo xornal El País, frecuentou a Marcial Dorado, que cumpre condena por narcotráfico e contrabando. O promotor da iniciativa é o presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz e cofundador de Ecogaleguistas Manuel Dios. A demanda pódese asinar na seguinte ligazón: http://www.change.org/es/peticiones/a-alberto-n%C3%BA%C3%B1ez-feij%C3%B3o-presidente-da-xunta-de-galicia-a-s%C3%BAa-demisi%C3%B3n#share .
Envía a túa opinión
Os arquitectos galegos teñen novo decano electo. É un que está ademais no cerne do proxecto arquitectónico máis famoso e polémico do país. A candidatura encabezada por Antonio Maroño impúxose nas eleccións celebradas a finais de marzo no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para pechar a crise aberta no seo da institución que culminou coa dimisión forzada da anterior directiva. Mentres agarda para tomar posesión do seu novo cargo, Maroño debe capear tamén os problemas que atinxen ao seu oficio particular. Exerce como arquitecto da Fundación Cidade da Cultura e permanece vinculado ao proxecto dende que comezaron as obras. “Vai para doce anos xa”, lembrou en Radiofusión. Verbo da decisión oficial do Goberno de paralizar a construción dos edificios pendentes no Monte Gaiás, Antonio Maroño lamenta que o proxecto “completo é capaz de dar un servizo que con dous terzos non é quen de dar”.
Envía a túa opinión
Apelamos a vostedes, cos que o presidente Feijóo ten liña directa. É unha das fórmulas que máis adoita empregar nos seus discursos, arroupado como está por unha gran cantidade de sufraxios que, en función das leis electorais, lle deron por dúas veces a maioría absoluta no Parlamento. Con ese colchón, o xefe da Xunta permítese dicir acotío: “os galegos queren”, “os galegos pensan”, “os galegos decidiron”, etc. Onte fíxoo unha vez máis: “Os galegos saben distinguir o gran da palla”, asegurou logo de proclamar que as fotos publicadas polo xornal El País nas que aparece nunhas vacacións canda o condenado por contrabando e narcotráfico Marcial Dorado, “son só fotos”.
Envía a túa opinión
KALANDRAKA cumpre o 2 de abril -Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil- o seu 15 aniversario. Dende a súa fundación o 2 de abril de 1998, a editorial leva publicados máis de 1300 títulos en diferentes linguas. Libros que, a partir desta semana, vanse poder adquirir online dende calquera lugar do mundo, a través dunha plataforma de comercio electrónico aloxada na páxina web www.kalandraka.com. Unha ferramenta que foi desenvolvida pola empresa informática galega Igalia, a través da tecnoloxía do software libre.