Envía a túa opinión
Agora que xa todos tivemos a oportunidade de ver a reportaxe sobre as vacas tolas e, segundo as teorías paternalistas dos directores do ente público, deixamos de comprar leite porque se nos vendeu a idea de que as vacas son animais do demo e nós estamos dispostos a afondar na crise do sector gandeiro, pois asoma nesta xornada outro programa de televisión á grella que, se cadra, o comité censor tamén debera ter en consideración. “Libro aberto” é un programa sobre libros e calquera dirixente que se prece sabe que o acceso á lectura crea individuos capaces de pensar por si mesmos, así que, se do que se trata é de protexernos do libre albedrío, nada mellor que pechar, televisivamente falando, as cubertas desta obra.
Envía a túa opinión
De Boney M a Dios Ke Te Crew. O eclecticismo volve a ser o sinal do Festival Brincadeira 09 que se celebrará na vila coruñesa de Ordes os días 7 e 8 de agosto. A programación internacional deste evento, que na pasada edición congregou a máis de 15.000 persoas, contentará a todos os padais musicais. O atractivo aumenta ao saber que tanto a entrada aos concertos como a acampada será de balde.
Envía a túa opinión
Achéganse as festas patronais de Ourense e xa se coñece o cartel. O martes 23 de xuño o Auditorio municipal ofrecerá ao vivo a Luís Eduardo Aute. O mércores 24 será o Día do Folk e a explanada do Campus universitario acollerá as actuacións de Xosé Manuel Budiño, Guezos e do vasco Kepa Junkera. Ao día seguinte, o xoves 25, no Pazo de Deportes Paco Paz actuará Manolo García e no Campus quenda do hip-hop con Trasnos do Moscoso, Delahoja, Tote King, Wöyza, Aíd e Slowlee.
2 comentario/s - Envía a túa opinión
Taller de Ediciones ven de presentar o seu proxecto de investigación histórica que leva por título “Atlántica Memoria”. Dividido en varios episodios, a editorial encabezada polo historiador galego José Antonio Durán, inaugura este espazo de “historia social, transfronteiriza e interdisciplinar”, co tramo bicentenario das Guerras Napoleónicas (1806-1815).
Envía a túa opinión
Despois de Galicia es una mierda (2008), Ataque Escampe editan un novo e segundo álbum, A grande evasión”, no que abandonan o seu localismo temático, centrado en Santiago e Galicia, para botar a voar polo mundo adiante. Trátase dunha “fuxida da prisión”, segundo asegurou en Radiofusión Miguel Mosqueira, integrante da banda, que comeza co tema “A grande evasión”, vai fiando diferentes historias grazas a pequenos cortes instrumentais que levan os nomes dos tres aeroportos galegos (“Lavacolla”, “Alvedro” e “Peinador”) para rematar con “Alcatraz”. En total, 19 cancións compostas para ocasión e que contaron cos catro membros orixinarios da banda, Álex Charlón, Samuel Solleiro, Roi Vidal e o propio Mosqueira; así como con Marco Gelpi que se incorporou no anterior disco e con Xoán Lois G. Carlín que substitúe con piano, teclados e sintetizadores ao acordeón de Francesc Esteve. O álbum está a libre descarga na Regueifa Plataforma, aínda que tamén pode adquirirse nun formato físico que nos agasalla cunha versión.