Envía a túa opinión
O seu único éxito como intérprete obtívoo Phil Spector cando era guitarrista e compositor do grupo The Teddy Bears, coa canción “To know him is to love him”. Co paso dos anos, demostraría que nada tiña de osiño de peluxe e a súa carreira de extravangancias, ameazas revólver en man, malos tratos e vexacións diversas levaríao ata o momento actual: Spector vén de ser declarado culpable do asasinato da actriz Lana Clarkson no ano 2003. É o colofón a unha carreira sen mesura no persoal, mais tampouco no musical. No cárcere poderá fachendear de ser, se cadra, o produtor máis importante na historia do pop.
Envía a túa opinión
Quedei o outro día sen falar da película “Lost in translation” porque escollín facelo de “Granjero busca esposa”, pero nesta cadea miña de despropósitos, hoxe voume a referir ao filme de Sofia Coppola para recomendar a emisión de “El hormiguero”. Aínda que non o pareza e eu mesmo o esqueza ás veces, sei que hai un propósito nisto. Na devandita longametraxe, un dos momentos máis risibles é o que amosa a visita de Bill Murray, que interpreta a un actor de viaxe profesional no Xapón, intervindo con fins promocionais nun tolo show da televisión nipona. O presentador, unha mestura imposible entre o condutor de “Cabaret”, Punky Brewster e Madame Butterfly, trastorna ao incauto do estadounidense que acaba facendo canta estupidez lle mandan se decatarse da misa a media. A escena dá par moita risa e sobre os seus alicerces constrúense todos e cada un dos minutos das visitas internacionais que, de cando en vez, recibe o programa “El hormiguero”.
Envía a túa opinión
Santiago acollerá a terceira edición de 'Compostela Máxica', que durante a próxima semana atraerá diferentes espectáculos en varios puntos da capital galega e protagonizados por 23 dos mellores magos do panorama actual. A concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e o presidente da Asociación Profesional de Magos de Galicia, o Mago Antón, analizaron os contidos desta nova edición que tamén se poderán consultar nun vehículo 'Mago Móbil' instalado na Praza Roxa.
Envía a túa opinión
88 concertos, 36 formacións, 27 escenarios. Estas son as cifras do II Festival Espazos Sonoros posto en marcha pola Consellería de Cultura. Desde este mércores día 15 ata o 28 de xuño este ciclo levará a música clásica, contemporánea e experimental polos máis curiosos escenarios dos distintos recunchos do país.
Envía a túa opinión
Grabou o seu primeiro disco en 1958. Deixou pegada en toda unha xeneración de músicos, creando unha música elegante que conquistou e conquista millóns de vontades en todo o mundo. Falamos de Joao Gilberto, músico brasileiro, inspirador da bossa nova, actuará o 29 de maio no Pazo de Congresos de Madrid, e o 1 de xuño no Gran Teatre del Liceu de Barcelona.