Publicidade 100% galegas
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 23 de Maio de 2013
Estás en Actualidade > Listado de novas
Buscador de novas BUSCAR

O Congreso aproba hoxe a xubilación aos 67 anos

Institucional 21/07/2011
  Envía a túa opinión

A conta atrás para a xubilación aos 67 anos comeza hoxe. Os socialistas lograrán, con apoio suficiente doutros grupos da Cámara, aprobar no Congreso dos Deputados o proxecto de lei de actualización, adecuación e modernización da Seguridade Social, un longo eufemismo que na práctica supón o adiamento da idade para o retiro laboral. A medida aplicarase de xeito progresivo e non terá efecto para todos os traballadores até o ano 2027. Os aumentos paulatinos aplicaranse a aqueles empregados con partida de nacemento do ano 1948 e posteriores. Así as cousas, só poderán seguirse xubilando aos 65 anos os que teñan agora 51 e 38 anos e medio de cotización.

Zapatero elude compromisos concretos sobre a renovación do acordo da UE-Papúa Nueva Guinea que prexudica á conserva galega

Institucional 20/07/2011
  Envía a túa opinión

O portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, dirixiuse na sesión de control ao Presidente do Goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, para demandarlle a adopción de medidas para defender a sectores relevantes da economía galega: o sector naval co problema do tax lease, e os sectores da conserva e do   biodiésel fronte á competencia desleal procedente de terceiros países.

Europa traballa nun marco para protexer a produción autóctona de biodiésel fronte ás importacións

Institucional 20/07/2011
  Envía a túa opinión

A Comisión Europea prepara unha reforma xurídica para protexer aos produtores autóctonos de biodiésel fronte ás importacións de países foráneos. A medida beneficiaría ás catro factorías galegas, dúas en Ferrol, unha en Lugo e outra en Cerceda, que levan meses coa produción practicamente paralizada e varios expedientes de regulación de emprego en marcha. O anunciou realizábao o presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, no pleno do Congreso dos Deputados. Porén nada revelou sobre o decreto que reservaría para o biodiesel producido no Estado unha cota do sete por cento no mercado e que, malia estar xa preparado, segue sen elevarse ao Consello de Ministros. O deputado do BNG Francisco Jorquera demandoulle que lle dea luz verde para frear o alto índice de importacións desta enerxía renovable procedentes de Arxentina e Indonesia.

O CCG e a Xunta de Galicia firman un convenio en defensa do galego

Institucional 20/07/2011
  Envía a túa opinión

Esta mañá, o presidente do Consello de Cultura Galega (CCG), Ramón Villares, e o Conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, asinaron na cidade de Santiago de Compostela un acordo de colaboración co que se busca fomentar o uso do galego dende o ámbito local.

O BNG rexeita a bancarización de Novacaixagalicia

Institucional 19/07/2011
  Envía a túa opinión

Guillerme Vázquez e Xosé Lois Veiga, portavoz nacional do BNG e membro do Consello de Administración de Novacaixagalicia, respectivamente, declararon hoxe ante os medios o seu rexeitamento ante a posíbel bancarización da caixa galega, advertindo dos seus riscos e definíndoa como a "desaparición absoluta de Novacaixagalicia". 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -
Publicidade

Axenda

Enquisa

Quen son os culpabeis da crise económica?
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros