Envía a túa opinión
Unha cita indiscutible para todos os composteláns, que ano a ano gaña máis adeptos. Así se presentou a edición deste ano do Antroido de Compostela, que se celebrará entre os días 5 e 9 de marzo e que contará cun programa de actividades con actuacións musicais, obradoiros de maquillaxe, concursos e desfiles.
Envía a túa opinión
O BNG e a CIG veñen de anunciar a convocatoria dunha manifestación nacional o vindeiro domingo, 13 de marzo, baixo o lema “Galiza ten dereito. En defensa do aforro, o emprego e o país”. O voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, indicou que esta mobilización pretende estar aberta ao conxunto da sociedade galega, polo que manterán contactos cos distintos axentes sociais e políticos do país.
Envía a túa opinión
Baixo o título Lugo Reacciona. Debate con Propostas de futuro fronte ao despoboamento demográfico distintos expertos reuniranse o vindeiro 4 de marzo para buscar solucións a perda de habitantes da provincia. A cita está impulsada pola Deputación de Lugo, cuxo presidente, Jose Ramón Gómez Besteiro, fixo na presentación do evento un chamamento a reaccionar contra o “suicidio demográfico”. “Aínda aumentando a porcentaxe de nacementos, coa situación actual terían que pasar 30 anos para recuperar o declive poboacional existente e comezar a notar os efectos”, destacou.
Envía a túa opinión
O deputado popular José Manuel Balseiro ven de presentar no Parlamento de Galicia unha Proposición Non de Lei na que insta a Xunta a adoptar as medidas oportunas para garantir a asistencia de escolares con discapacidade ó Curso Internacional de Música e Musicoterapia que se celebra en Mondoñedo. A voceira do PP mindoniense Elena Candia e os directivos de AIMPNE (Asociación Interdisciplinar Musicosensorial a favor das Persoas con Necesidades Especiais) Elena López e Manuel Otero tamén estiveron presentes.
Envía a túa opinión
Un taller de maquillaxe e máscaras, un obradoiro de doces desta época e una cea baile son aslgunhas das iniciativas preparadas no en Burela para recibir e celebrar os días de Antroido. A concelleira de Cultura Neves Cando anunciou os actos que están previstos para os próximos días.