Envía a túa opinión
O BNG de Fene presenta á sociedade unha candidatura renovada, encabezada por Juventino Trigo e composta por 11 homes e 11 mulleres entre os que a media de idade non supera os 40 anos. Unha candidatura formada por persoas diversas e dispostas a pór a disposición da veciñanza de Fene a súa profesionalidade e capacidade de traballo. O acto de presentación celebráse mañá venres na Casa da Cultura de Fene.
Envía a túa opinión
Os simpatizantes de Galiza Nova non marchan de viaxe, pero pensan sacar as maletas da casa igualmente. Farano para escenificar unha protesta perante as oficinas de emprego da Xunta. “Quedade vós coas maletas, nós queremos traballar!” é o lema co que as mocidades nacionalistas se presentarán mañá xoves ao mediodía nas sedes dos servizos públicos de colocación en varias vilas e cidades galegas. A acción, que se insire no marco do manifesto “Estamos fartos, queremos emprego”, preséntase, segundo a voceira de Galiza Nova, Iria Aboi, como unha iniciativa que pretende remover as conciencias de todos aqueles que sofren o desemprego e a precariedade laboral para “pasar da resignación á mobilización”.
Envía a túa opinión
O debate no Pazo do Hórreo xirou, a instancias do BNG, sobre a situación dos medios de comunicación públicos. O voceiro nacionalista Carlos Aymerich revelou o suposto incumprimento do contrato da empresa xestora da publicidade da Compañía da Radio e Televisión de Galicia, que deixou de ingresar preto de dous millóns e medio de euros polos axustes que o director do ente, Alfonso Sánchez Izquierdo, tería realizado nese contrato, en troques de rescindilo. Aymerich explicou que o ente público asinara un contrato a finais de 2008 para xestionar os anuncios a través dunha compañía que cobraría unha porcentaxe de ingresos sempre e cando lograse un mínimo garantido para a propia CRTVG. Como isto non se lograra en 2009, Izquierdo anunciou a rescisión do acordo.
3 comentario/s - Envía a túa opinión
A construtora Dragados será a adxudicataria da construción do tramo da autovía da Costa da Morte entre Carballo e Berdoias, unha das infraestruturas máis polémicas do que vai de lexislatura. Revelouno no Parlamento o secretario xeral do PsdeG, Manuel Vázquez, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, non o negou. Arredor deste anuncio, todo foron acusacións de intereses espurios.
Envía a túa opinión
O Partido Popular rexeitou en pleno unha moción nacionalista pola que se instaba á Xunta a revisar de oficio a resolución do concurso eólico para que se aplique por igual, a todas as solicitudes, os criterios de valoración dos seus plans industriais, considerando os investimentos en activos fixos tanxíbeis en función dos euros/Mw solicitados, así como os empregos que se crearán no desenvolvemento do plan.