Envía a túa opinión
Presentarase en Ferrol unha obra inédita de Manuel María titulada “Galicia”. Será nun acto na Fundación Caixa Galicia do Cantón no que tamén se presenta o proxecto da Casa Museo do escritor que está promovendo a Fundación que leva o seu nome. O libro “Galicia” reproduce un texto mecanografado polo autor que permanecía gardado no seu arquivo particular e que figura sen datación, aínda que da súa lectura se desprende que foi escrito arredor de 1986 ou 1987.
Envía a túa opinión
O alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri; o vicepresidente da Deputación, Pablo Villamar, e o secretario da Fundación Manuel María, Alberte Ansede, inauguran a exposición “Rosalía sempre viva. Viva Rosalía”, ás 8 da tarde, no Centro Cultural Carvalho Calero. A mostra conmemora o 125 cabodano da escritora.
Envía a túa opinión
Cea esta noite das festas de San Valentín e xantar mañá domingo para recaudar fondos para os festexos de Maniños.
Envía a túa opinión
A asistente social de Boiro atopou esta mañá o corpo sen vida dun home cando procedía a realizar unha visita domiciliaria. Un accidente na combustión da cociña da vivenda puido ocasionar a morte, segundo as primeiras impresións das forzas de seguridade que acudiron ao lugar de Abanqueiro.
Envía a túa opinión
O voceiro do Grupo Parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, destacou que as forzas nacionalistas do Parlament --CiU e ERC-- "suman" sete deputados máis que na lexislatura anterior e considera que esa "maioría absoluta" é unha "opción de goberno" e a "opción" dos nacionalistas galegos. Así mesmo, ve os resultados como unha "boa noticia" para o Bloque e que suporán "un punto de inflexión" marcado pola "suba" da organización frentista nas municipais.