Publicidade 100% galegas
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 20 de Maio de 2013
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Xa non hai varas no Mandeo


Os barcos subindo o río onte

Deixarse ir río arriba no barco dun amigo, comer empanada e beber viño de Betanzos. ¿Hai pracer máis grande o 18 de agosto que deixarse levar aos Caneiros? Nunca unha romaría chegou ao século XXI en Galicia, tan chea de vida e de xuventude.  Eras milleiros, incontables, pero milleiros que mozos e non tan mozos e mozas, os que bebían, comían, se bañaban, bailaban, cantaban e rían á beira do río de Betanzos na primeira entrega dos Caneiros, sen dúbida a máis numerosa das duas. Un xornal titulaba hoxe que “ Siempre nos quedará el 25”

Sociedade19/08/2011Autor: MXArias

Se andamos aos Caneiros, a pé ou en barco engalanado, con xente maior, aprendemos cousas que doutro xeito non é posible. Os máis de 80 anos da nosa guía, fíxonos imaxinar como era antes o aspecto do río que onte acolléu multitudes. Na primeira parte do século pasado cultivábanse as duas marxes da canle fluvial. Aproveitábanse para o cultivo de productos de horta pero tamén “daba gusto ver tantas varas”. Con ese nome denomina a nosa anfitriona as cepas de vide que invadían o Mandeo para a produción de viño.

Hoxe non queda nada de labor nesa privilexiada zona, acariñada dun microclima excepcional, de abundantes manantiais e  orientada como poucas ao sol ata a tardiña.

O 18 de agosto o Mandeo inúndase de festa, de barcos e persoas, de bandeiras e globos, de espadañas e flores, que fuxen dos problemas buscando a felicidade.


Comentarios:
Publicidade

Axenda

Enquisa

Quen son os culpabeis da crise económica?
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros