Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Rosalía de Castro, discurso subversivo, coherente e renovador


Rosalía de Castro articulou un discurso coherente e renovador

A dificil dixestión dos escritos da autora de "Follas Novas" tradúcese nun proceso de constante amputación da súa obra e de manipulación da súa figura, segundo afirma a profesora Anxos García Fonte na súa tese de doutoramento denominada "A construción da identidade de xénero na narrativa galega do século XX". A Fundación Rosalía levou a cabo un novo proxecto museográfico na Casa da Matanza en Padrón. O deseñador Pepe Barro foi o executor dunha iniciativa que actualiza a obra da escritora.

Cultura30/07/2017Autor: Henrique Sanfiz

En 1864 un grupo de seminaristas de Lugo amenazaron con apedrear a imprenta de Soto Freire para impedirlle que publicara, no seu Almanaque, o cadro de costumes de Rosalía "El Codio", texto hoxe perdido onde se criticaban as actitudes dos futuros sacerdotes. A tese de doutoramento de Anxos García tamén alude ás repercursións emocionais que tivo na escritora a escandalosa polémica creada a raíz da publicación de "Costumbres Gallegas", artigo no que censuraba a presunta hospitalidade "erótica" das mulleres galegas.

Para a autora da tese, Rosalía inventa, "ou cando menos adapta a un contexto tan complexo como o que a rodea, unha maneira de comunicar a subalternidade (...) É a primeira referencia para o establecemento dun canon, dá o primeiro paso para a validación dos discursos culturais e políticos subalternos en Galicia".

O Subaltern Studies Group quería invertir o punto de vista historiográfico hexemónico, para escreber a historia subalterna, a que descrebe a contribución do pobo por sí mesmo, de forma independente dos grupos dominantes, e identificaba ao subalterno co colonizado, ou co suxeito colonial, ao que entendía tamén como elemento de insurxencia ou como axente de cambio".

"Non cabe dúbida de que tanto Rosalía de Castro como a Condesa de Pardo Bazán ou Concepción Arenal foron mulleres capaces de articular un discurso coherente e renovador que tivo unha enorme influenza na súa época" conclue Anxos García Fonte.


"Dádeme un home, anque me mate, anque me esfole"
Un poema de Rosalía de Castro contra a violencia de xénero
Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros