Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 21 de Septembro de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Fran Alonso retrata en “Ninguén” como nos transforman as novas tecnoloxías


Xerais acaba de publicar esta obra a medio camiño entre a novela e os relatos

“Hoxe non hai certezas” asegura o escritor Fran Alonso, quen reflectiu esa idea na temática e estrutura do seu último libro. A través de diferentes personaxes o autor reflexiona en Ninguén sobre como, impulsadas polas novas tecnoloxías, están a mudar as formas de relacionarse entre as persoas. Ao igual que pasa moitas veces coas historias que circulan pola rede, nesta obra resulta difusa a fronteira entre a realidade e a ficción. Tampouco están claramente marcados os límites entre os xéneros nunha novela que é asemade un conxunto de relatos.

Cultura02/11/2011Autor: Redacción

Como, sentados diante do ordenador, contactamos con persoas doutra parte do planeta ou como, só a través dos ruídos que traspasan paredes, coñecemos aos nosos veciños. Alonso retrata distintos xeitos de comunicación no eido urbano fuxindo do “adoutrinamento”. “É imposible non ter unha mirada política sobre as cousas, pero intento non ser moralista nin didáctico”, explicou nos micrófonos de Radiofusión.

En Ninguén, obra que Xerais vén de achegar aos andeis das librarías, comparten protagonismo unha muller que concerta unha cita a través de Internet, un mozo obsesionado polas voces dos seus veciños ou un escritor que recibe correos dunha lista na que nunca se deu de alta, entre outros.  


Publicidade

Axenda

Enquisa

Os galegos e galegas debemos ter dereito a decidir?