Dentro dos actos do Ciclo Cunqueiro Estación Mondoñedo que diseñou aCentral Folque na honra desta figura universal da literatura galega, mañá, desenvolverase o mercado poético "Untares galegos" de Marina Oural e Estíbaliz Espinosa. Esta Performance poético-gastronómica das dúas rapsodas galegas da beira de Lourenzá celebrarase no Mercado Municipal da Praza de Abastos de Mondoñedo desde as 12:00 do mediodía ata as 14:00 horas. Haberá un posto diferente, donde a poesía, a palabra e o canto estreitan a man con outros produtos básicos que se converten en complementarios. Ao pé da rúa, na praza, a poesia está en todas partes só hai que permitirse mirala.
Untares Galegos segundo Marina Oural Villapol e Estíbaliz Espinosa
Se somos o que comemos, somos o que lemos, Spoken words ou qué ...
"Palabras para levar, cantadas, ditas ou escritas, ben envoltas para que non se perda nin un grao. Desde Untares Galegos damos de comer e beber coa palabra en performance, conversa de mercado, ou poemas do país; damos expresións e palabras que alimenten en anacos exquisitos. Abrimos a cociña das letras, a experiencia dun laboratorio de intervención literaria para aliñar, asar ou cocer amodo diferentes pratos: recital en vivo de textos, poemas escritos á mao ou máquina, canto a capella de textos, saquetes de faba loba con fábulas, chupiños de caldos desconfiados, arrecendos
ou sabores envasados dos feirantes...."
"Se somos o comemos, somos o que lemos. Spoken words ou qué é unha danza, bailamos en parella e solto. As palabras que por sementes se teñen, chaman á porta, queren vivir na beira das casas, nesas onde aínda as almas fan guisos ou caldo polas festas".
Un posto de poesía e alimento, de balde por un día.