Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 28 de Abril de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

A Coruña e Vigo únense para homenaxear a Lugrís e reclamar un Día das Artes Galegas


A Nave das Ideas e In Nave Civitas organizan a lembranza do pintor surrealista.

A Coruña, cidade na que naceu Urbano Lugrís, e Vigo, urbe na que morreu, suman forzas este sábado para lembrar ao pintor. A cita, ademais dunha homenaxe a un dos grandes artistas galegos, pretende rachar cos “localismos mal entendidos” e reclamar a creación dun Día das Artes Galegas. “É positivo que exista o Día das Letras, xa que a literatura é posiblemente a creación artística máis coñecida que ten Galicia, pero queremos que se poña á mesma altura a pintura, a música, o deseño, o gravado...” argumentou en Radiofusión Xurxo Martínez, un dos impulsores da iniciativa.

 

Cultura12/12/2011Autor: Redacción

Na cidade de Vigo os actos comezarán ás once da mañá no Marco cun un roteiro por diferentes puntos que teñen relación coa vida e obra de Lugrís. Carlos L. Bernárdez, especialista en arte galega, fará de guieiro. A actividade rematará co lanzamento simbólico dunha botella ao mar do Berbés tras ler o manifesto da homenaxe. Pola tarde, a partir das sete, farase no Verbum a homenaxe central do programa, na que haberá música, poesía, pintura e conferencias.

Na Coruña os actos comezarán ás oito da tarde no palco da música dos Xardíns de Méndez Núñez. Un “obradoiro submarino” –convidase a todo o mundo a levar paraugas decorados con motivos lugrisianos- será o punto de partida da “manifestación atlántica” que percorrerá as rúas e tascas nas que paraba Lugrís até chegar o seu antigo estudo, na rúa Mantelería. No café Borrazás, o bombardino da Banda Municipal, Lourezo Castro e Pulpiño Viascón presentarán a rapsodia A balada do porto do Os. E a homenaxe ramatará, ao igual que en Vigo, coa lectura do manifesto e o lanzamento dunha botella cara ao Berbés.

Poñen en marcha este programa de actividades a asociación cultural A Nave das Ideas e o colectivo cidadán In Nave Civitas.  


Comentarios:
Publicidade

Axenda

Enquisa

Os galegos e galegas debemos ter dereito a decidir?

Últimas descargas MPEG audio

Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros