Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 16 de Xaneiro de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

César Morán: “Haberá primavera para o galego”


Galaxia edita unha revisión musical dos poemas de Cunqueiro

“Malia que os atrancos son continuos, temos que ser optimistas”, responde o músico e filólogo César Morán cando se lle pregunta polo futuro do idioma. “Os que nos precederon tamén confiaron e iso é o temos que facer nós”, engade. Ese argumento plásmase no título do libro-disco Haberá primavera, que fai referencia ao famoso epitafio de Álvaro Cunqueiro (“Eiqui xaz alguén que, coa súa obra, fixo que Galicia durase mil primaveras máis”). A obra, editada por Galaxia, inclúe os poemas do escritor mindoniense canda dous CDs, un con poemas musicados e outro coa derradeira entrevista que concedeu o autor de Merlín e Familia.

Cultura25/12/2011Autor: Redacción

Semanas antes de morrer, Álvaro Cunqueiro concedeulle a César Morán a oportunidade de conversar con el. Ao longo desa entrevista, que se recolle ao completo neste libro-disco, o músico descubriu a “un home de carne e óso que era o mesmo que adiviñaba a través dos textos”.

Afastándose doutros traballos realizados, Morán decidiu musicar os textos non neotrobadorescos de Cunqueiro. Como resultado do seu traballo, que define como “complicado e apaixonante”, podemos escoitar os versos do escritor de Mondoñedo acompañados por guitarra, frauta traveseira, saxo alto, contrabaixo e percusión. Nalgúns dos cortes do disco, acompaña no micrófono a César Morán a cantante Uxía Senlle.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros