Publicidade 100% galegas
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 22 de Maio de 2013
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

María Gómez gaña o certame de cartas de amor


Xurado da XII edición do Certame de cartas de amor

Unha carta redactada por María Gomez Díaz levou o premio do certame de cartas de amor de Radio Fene. A persoa gañadora recibirá unha cea e unha estancia dunha noite no Hotel Pazo Libunca de Narón. María Gómez Díaz é veciña de Castro de Ribeiras de Lea (Castro de Rei Lugo) e traballa como tradutora e profesora en Ponferrada. Indica que se ten presentado hai anos a un concurso de relato curto dunha editorial basca, pero que ela adícase á tradución.

Sociedade14/02/2012Autor: Redacción

A misiva gañadora relata o sofrimento provocado por unha relación amorosa que non responde ás expectativas criadas. O xurado valorou o aspecto de irracionalidade e de sofrimento causado polo amor, e a intensidade dos sentimentos transmitidos. O xurado, presidido pola profesora de Historia do Instituto de Ensino Secundario de Canido (Ferrol) Carmen Cuesta,  tamén decidiu conceder un accesit á carta presentada polo ferrolán Francisco Maceira. O certame de cartas de amor de Radio Fene cumpreu 13 anos de vida. Tamén formaron parte do xurado o alcalde de Fene Gumersindo Galego e as concelleiras Rocio Bértoa, Rita Couto e Carmen Silvar.

 

 

Texto da carta gañadora:

 Sufro porque despertei despois de moito soñar.

Sufro porque camiño soa e non me das a man;

porque preciso amor fora da cama,

porque eu subo e ti baixas,

porque ti falas mandaríne eu grego clásico.

Sufro porque non vexo o teu sufrir.

Sufro porque son como son

e por escribir isto.

Sufro, aínda, á maneira do Sturm und Drang,

do maldito romanticismo.

Sufro porque non entendes estas palabras

e porque calas e non falas.

Sufro, en fin, porque non te sei deixar,

porque deixarte me fai sufrir máis.

 


Comentarios:
Publicidade

Axenda

Enquisa

Quen son os culpabeis da crise económica?
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros