Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 20 de Novembro de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

A Plataforma en Defensa de Corcoesto sostén que a mina de ouro producirá estragos e non riqueza


Mapa dos xacementos localizados por Edgewater

Non todas as riquezas da comarca coruñesa de Bergantiños están á vista. Algunhas agóchanse baixo terra ,como as minas de volframio explotadas durante décadas. Porén, aínda fican no lugar metais moitos máis cobizados, como o ouro. En Corcoesto, no municipio de Cabana de Bergantiños hai un depósito do prezado metal entre as rochas e o cuarzo. Así o sosteñen os xeólogos que veñen estudando o lugar e as empresas que fixeron catas para valorar a súa explotación. Agora, a Xunta vén de darlle un pulo ao posible aproveitamento dos xacementos mediante un proxecto de minaría a ceo aberto promovido pola empresa canadense Edgewater e que lle afecta a terreos tamén dos veciños concellos de Ponteceso e Coristanco. Acontece que non todo é brillo no ouro. Así o advirten os veciños de Corcoesto que veñen de constituír unha plataforma con propósito informativo para asesorar a todos os interesados das afectacións que pode provocar este negocio mineiro de chegarse a executar.

Sociedade07/05/2012Autor: Redacción

“Por seis postos de traballo eu non destrúo unha forma de vida”. Afírmao Meli Souto, un dos membros da Plataforma en Defensa de Corcoestro, desbotando a suposta rendibilidade laboral e económica que a mina de ouro traería para a veciñanza. Sostén que no Concello de Cabana depositáronse centos de currículos para optar a algún dos 271 postos de traballo que a promotora pensa crear. Non obstante, a inmensa maioría son empregos técnicos e de alta cualificación que serían ocupados por traballadores foráneos. Fronte a isto, a Plataforma alega que a mina suporía para os núcleos rurais do lugar a perda de valor do seu patrimonio, e suporía un irreparable estrago ambiental e paisaxístico con repercusión nas actividades económicas locais, “definitorias dun modo de vida tradicional, sostible e en equilibrio co medio”. Souto explica que arestora Corcoesto “é un verxel”.

O proxecto de Edgewater en Cabana vén de recibir o pulo do Goberno da Xunta e arestora está en exposición pública, mais dende a Plataforma en Defensa de Corcoesto denuncian impedimentos para poder consultar os documentos. Malia iso, e polas consultas que teñen realizado, asesorándose con outros colectivos galegos e do resto do Estado, coidan que existen xustificacións abondas para presentar alegacións que sirvan para frear a mina de ouro. Advirten contra unha posible perda dos mananciais locais derivada da perforación e da contaminación das fontes co cianuro que se emprega no proceso de lixiviado. Tamén agoiran unha diminución da calidade de vida da veciñanza por mor das voladuras, que tamén poden afectar ao rendemento dos animais das granxas. Finalmente, Meli Souto lembra que “o ben agora está no traballo, non no ouro”, e que o prezado metal vai para caixas fortes foráneas sen redundar na riqueza local. Por iso pregúntase se a mina trae o futuro ou a destrución para Corcoesto.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros