Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 18 de Xullo de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Expertos en camiños históricos reclaman unha protección análoga á da ruta xacobea


O Consello da Cultura acolle as xornadas sobre camiños de Galicia

“A protección dos camiños históricos en Galicia” é o título das xornadas que veñen de botar a andar no Consello da Cultura Galega organizadas pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais. O encontro tenta chamar a atención sobre a necesidade de que a Lei 3/1996 de protección do Camiño de Santiago se estenda aos restantes camiños históricos, referíndose así a todos os que serviron a establecer relacións entre os núcleos previas ao trazado das estradas. Na categoría de camiños inclúense dende os trazados megalíticos e castreños até os camiños reais da segunda metade do século XVIII. O decano do Colexio de Enxeñeiros de Camiños e coordinador das xornadas, Carlos Nárdiz, explicou en Radiofusión que "os camiños tiveron unha capacidade de construír o territorio e a paisaxe de Galicia".

Sociedade06/03/2013Autor: Redacción

Xunto con Nárdiz, colabora na coordinación das xornadas a profesora de Historia da Arte Yolanda Barriocanal. A primeira sesión ocúpase da “Valoración dos camiños históricos como eixes vertebradores e da patrimonialización cultural do territorio” con tres relatorios. A seguir reproducimos o programa completo:

10:30 h. OS CAMIÑOS E A CONSTRUCIÓN HISTÓRICA DO TERRITORIO.
Xosé Ramón Menéndez Luarca, Arquitecto.

11:15 h. A DIMENSIÓN CULTURAL E O DOMINIO PÚBLICO CULTURAL DOS CAMIÑOS HISTÓRICOS EN GALICIA.
Carlos Nárdiz Ortiz, Doutor enxeñeiro de Camiños e profesor titular da Universidade da Coruña.

12:30 h. A UTILIDADE DOS “RECOÑECEMENTOS” PARA A DETERMINACIÓN DO TRAZADO DOS CAMIÑOS HISTÓRICOS SOBRE O TERRITORIO E PARA A TOMA DE CONCIENCIA DA SÚA PATRIMONIALIZACIÓN CULTURAL.
Yolanda Barriocanal López, Profesora titular de Historia da Arte da Universidade de Vigo.

A segunda sesión, dedicada á “A protección dos camiños históricos: un feito máis nos procesos de patrimonialización cultural”, incluirá unha mesa redonda, a partir das 16´30 h. sobre A PROTECCIÓN XURÍDICA E URBANÍSTICA DOS CAMIÑOS HISTÓRICOS moderada por María Dolores Méndez Torres, Directora do Departamento de Xestión Xurídico-Administrativa do Instituto de Estudos do Territorio, e na que intervirán:
Julián Alonso García, Xefe de Sección Xurídica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e infraestructuras da Xunta de Galicia.
Carlos Amoedo Souto, Profesor titular de Dereito Administrativo e vogal da Comisión de Patrimonio Histórico da Provincia da Coruña.
María Diz Rodríguez, Subdirectora Xeral de Protección de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.
Ricardo Polín, Doutor en Filoloxía Medieval e historiador.
Francisco Javier Sanz Larruga, Catedrático de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña.

O xoves día 7, só en xornada de mañá, o tema será “A protección dos camiños de Santiago” e incluirá un relatorio e unha mesa redonda.

09:30 h. A DELIMITACIÓN E PROPOSTA DE PROTECCIÓN DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO POLA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA GALEGA
Preside: María del Carmen Martínez Insua, Directora Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.
Relator: Ignacio Cerrada Gonzalo, Xefe do Servizo de Planeamento e Inventario da Xunta de Galicia.

11:00 h. Mesa redonda. A PROTECCIÓN DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO
Modera: Iago Seara Morales, Coordinador da Sección de Patrimonio e Bens Culturais do CCG e interveñen:
Ignacio Cerrada Gonzalo, Xefe do Servizo de Planeamento e Inventario da Xunta de Galicia.
Marcial Gondar Portasany, Catedrático de Antropoloxía Social da Universidade de Santiago de Compostela.
Teresa Nieto Freire, Arquitecta do Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.
Daniel Pino Vicente, Sociólogo e urbanista. Antón Pombo Rodríguez, Membro do Comité do Camiño de Santiago.
Marcial Rodríguez Rodríguez, RVR.
Ás 14 horas procederase á clausura das xornadas e á presentación das conclusións.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros