Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 21 de Xaneiro de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

O optimismo do Puntogal


Manuel Bragado na campaña Gústame o galego

A candidatura do domino de Internet para a lingua e cultura galega (o .GAL) non recibiu ningunha obxección por parte dos gobernos representados na ICANN -o ente que goberna a Internet- e xa deu varios pasos importantes cara a súa aprobación inicial. A Asociación puntoGAL, quen presentou a candidatura en nome da comunidade lingüística e cultural galega, estima que antes de que remate o verán coñecerase o resultado da avaliación inicial ao dominio.

Sociedade24/04/2013Autor: Redacción

 
A ICANN  acaba de publicar a lista final de candidatos a novos dominios sobre os que pende algunha queixa formal por parte da ICANN, outras candidaturas ou membros da comunidade da Internet. Grazas ao apoio de toda a sociedade galega a candidatura, o .gal non figura nesa lista, sinalaron os promotores da iniciativa. Ademais, puntoGAL tampouco está na lista, publicada hai uns días, de candidaturas sobre as que os gobernos que participan na ICANN expresan dúbidas. Neste sentido, o .gal logrou o respaldo das administracións locais, autonómicas e estatais. Con todo estes datos sobre a mesa, a Asociación puntoGAL é moderadamente optimista sobre o veredicto inicial que emitirá a ICANN sobre a candidatura para a lingua e cultura galegas.