Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 20 de Novembro de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Entender Europa dende a escoita


Universidades europeas colaboran no proxecto

Cada son que se perde é unha proba de que a sociedade se transforma. Mais o son non ten por que desaparecer cando esvaece no aire. Ao tomarmos conciencia de que forma parte do noso patrimonio cultural xorde a necesidade de conservalo. Hai anos que a iniciativa Escoitar.org traballa dende Galicia para preservar a riqueza acústica do país mediante a elaboración dun mapa sonoro colaborativa no que os usuarios, libremente, poden incluír as súas gravacións de audio. Esta práctica “axúdanos a entender como o son representa a identidade, a vinculación co territorio”, algo que resulta imposible para os mapas convencionais. Explicouno en Radiofusión, Xoán Xil, un dos animadores do proxecto internacional European Acoustic Heritage (“Patrimonio Acústico Europeo”) que se está a desenvolver en Galicia mediante unha manchea de actividades que inclúen un paseo acústico pola ría de Ferrol este sábado da man do xeógrafo Juan López Bedoya. 

Cultura25/04/2013Autor: Redacción

Institucións académicas de Francia, Austria e Finlandia colaboran no proxecto continental que dende Galicia apoian a AGADIC e a Fundación Illa de San Simón. Os seus depósitos sonoros engádense aos de Escoitar.org nun mapa conxunto que se pode consultar na web europeanacousticheritage.eu. Nela tamén figuran entrevistas en vídeo con xente vinculada co mar. Segundo Xoán Xil trátase dunha proposta de memoria acústica porque “algúns sons non se poden escoitar xa e só permanecen na memoria da xente, proba de que a nosa sociedade está cambiando”. 


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros