Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 24 de Xaneiro de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Aprobado o dominio galego en Internet


.gal

A Asignación de Nomes e Números na Internet (ICANN) ven de autorizar a utilización do dominio .gal para identificar aqueles sitios relacionados coa lingua e a cultura galegas. A decisión prodúcese despois dun ano de estudio, segundo asegura nun comunicado a asociación PuntoGal.

Sociedade15/06/2013Autor: Redacción

O organismo internacional que regula o DNS (as direccións da Internet) aprobou o dominio para a lingua e cultura galegas.  A Asociación puntoGAL, quen presentou a candidatura e xestionará o .gal, dá as "grazas" polo "apoio unánime de toda a sociedade galega". O colectivo dará máis detalles sobre a aprobación en rolda de prensa, ao mediodía deste sábado no IES Rosalía de Castro de Santiago.
 
puntoGAL aportou máis de 12.000 firmas e conta con máis de 110 socios. Entre eles están insitucións como a Real Academia, o Consello da Cultura, Emisoras Municipais Galegas e o Museo do Pobo pero tamén ducias de colectivos culturais de base, colexios profesionais, etc.
 
Na Asociación hai máis de 20 asociacións de emigrantes en Estados Unidos, Brasil, Portugal, Francia, Suíza, Alemaña, Bélxica, A Arxentina e  O Uruguai. No pasado, puntoGAL xa explicara que é un dos obxectivos do .gal é servir de identificador e vínculo entre a diáspora galega.
 
A ICANN está a avaliar un total de 1917 candidaturas a novos dominios. As direccións da Internet vivirán a súa maior revolución nos próximos meses.
 
En Galicia hai outro candidato, pois Inditex pretende lograr o .zara para o seu uso exclusivo. No Estado tentan conseguir un identificador propio, entre outros, .seat, .telefonica, .madrid, .eus e .lacaixa.
 
Hoxe tamén aprobou o exame da ICANN o .eus, o domino para a lingua e cultura vasca. Xa aprobara o .bzh, para a lingua e cultura de Bretaña e están pendentes, no eido das comunidades lingüísticas o .scot e o .cymru.
 
O único dominio activo arestora para unha comunidade cultural é o .cat. puntCAT é un caso de éxito na industria de dominios, porque logrou rexistrar máis de 61.000 identifcadores, sen crear polémicas ou problemas de seguridade e reinvestindo os beneficios en apoiar ao catalán nas novas tecnoloxías..
 
A maioría dos .cat rexistrados pertencen a empresas privadas. Aegundo destaca puntoGAL na súa web, este dato demostra a viabilidade dos identificadores culturais e a súa utilidade para facer negocios na Rede


Comentarios:
18/12/2016 - . asonogehx5 ()
elocon retail price of cialis cephalexin viagra soft
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros