Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 22 de Xullo de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Véspera de Nada elabora unha guía para lograrmos un futuro próspero sen petróleo


O libro finánciase a través de Verkami

“Cómpre abandonarmos o petróleo antes de que el nos abandone a nós”. É unha senteza pronunciada polo economista xefe da Axencia Internacional da Enerxía e da que se serve a Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen Petróleo para alertar do problema do “peak oil”. Trátase dunha figurada cimeira na produción do chamado ouro negro que xa declina e que pode levar ao colapso o modo de vida actual se non se actúa coa urxencia debida para procurar alternativas. Pensando en que todos esteamos preparados para ese momento e coñezamos mellor como actuar, a asociación traballa nunha “Guía para o descenso enerxético”, un libro co que se pode colaborar a través do micromecenado.

Sociedade19/09/2013Autor: Redacción

Véspera de Nada leva máis de dous anos preparando esta publicación que quere axudar á sociedade galega a comezar esa imprescindible e profunda transformación no noso modo de vida que nos permita prosperar despois do petróleo. Segundo os seus promotores, o libro achega unha completa explicación da gravísima situación á que nos expón a fin da Era do petróleo e pon nas mans dos galegos e galegas consellos aplicables en todos os terreos da vida particular, familiar e comunitaria, e tamén para as empresas e administracións locais. A aplicación desas recomendacións permitirá evitar as peores consecuencias do devalo enerxético que xa está en marcha.

A “Guía para o descenso enerxético” precisa completar un orzamento de 4.250 euros para sufragar a realización e distribución do volume. Para colaborar e facerse cun exemplar é posible achegar dende tan só 5 euros a través da plataforma Verkami. Toda a información arredor da obra e do "peak oil" pódese consultar na web http://galiza.pospetroleo.com/


Comentarios:
Publicidade

Axenda

Enquisa

Os galegos e galegas debemos ter dereito a decidir?

Últimas descargas MPEG audio

Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros