Publicidade 100% galegas
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 20 de Maio de 2013
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Tomiño sabe a kiwi


A II Festa do Kiwi celébrase o vindeiro fin de semana

Dous kiwis pequenos conteñen máis vitamina C que unha laranxa. Esta froita presenta importantes concentracións de fibra, potasio e vitamina E. O seu sabor doce e agradable convirtea nun ingrediente importante para unha dieta saudable, sobre todo para os pequenos e pequenas. En Tomiño (Pontevedra) celébrase a vindeira fin de semana a II Festa do Kiwi. Esperan superar os 10.000 visitantes da edición do 2008.

Sociedade05/05/2009Autor: Henrique Sanfiz

Os stands dos 60 expositores abriránse o sábado 9 ás 11,30 da mañá. Ofrecerán aos visitantes aceite, marmelada ou aguardente a base desta froita. Tamén haberá “kiwitas”, un doce a base de améndoa e kiwi que se elabora nesta localidade que é o Concello do Estado español de máis producción desta froita. Calcúlase que entre sábado e domingo se consumirán 1.500 quilogramos de kiwi.Tomiño, municipio pertencente á comarca do Baixo Miño, conta co 60% de superficie de plantación de kiwi en Galicia, comunidade na que se contabilizan 450 hectáreas en produción que xeran 6.500 toneladas de froito ao ano. En España o consumo de kiwi excede os 80.000 toneladas ao ano, mentres que a produción chega só a 10.000 toneladas.


Comentarios:
Publicidade

Axenda

Enquisa

Quen son os culpabeis da crise económica?
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros