Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Abril de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Canto val unha vaca? Premio Manuel Murguía.


Diego Conde impartindo unha conferencia

Diego Conde é o gañador do IX Premio de Ensaio “Manuel Murguía” coa obra “Canto val unha vaca? Da cuestión agraria á cuestión pecuaria en Galicia”. O traballo de Conde alzouse co premio do xurado despois de estudar os 24 exemplares presentados este ano, o que supón un novo récord de participación multiplicando por dous a anterior marca. O tribunal sinalou na súa acta que o traballo premiado “ofrece unha información completa sobre o papel que cumpre a vaca na historia social e económica galega. Por tanto, a temática que trata é de grande interese para o conxunto da comunidade”.

Sociedade26/11/2013Autor: Redacción

O xurado, cuxo comisario é Elisardo López Varela, reuniu a Rosario Sarmiento, Gonzalo de la Huerga Fidalgo e Xosé Ramón Freixeiro Mato.

O premio de Ensaio Manuel Murguía está dotado con 6.500 euros e a publicación da obra. “A obra destaca pola súa boa estruturación e polo rigor metodolóxico, cunha ampla documentación bibliográfica”, explicou o xurado, para engadir que “destaca a boa presentación, enriquecida coa incorporación dun amplo abano de gráficos e imaxes ilustrativas”. Outro dos puntos destacados polo xurado foi “o estilo áxil e fresco co que está escrita a obra, de grata e amena lectura para un público amplo, sen perder o rigor investigador”.

Anteriores gañadores

Diego Conde súmase a lista de gañadores como Sabela Taboada (gañadora 2010), María Liliana da Orden (2008), X. Amancio Liñares Giraut e Omayra Lista Liñares (2006), Antonio Balboa (2004), Soutelo Vázquez e Xosé Manoel Núñez Seixas (2002), Fernando Pereira González (2000), Marcelino Abuín Duro (1999) e Alfonso Fomis (1998).

Diego Conde (Ourense, 1977) é Licenciado en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela (2000). Membro de Historia Veterinaria Galega (HISVEGA) e actualmente está realizando a Tese Doutoral “Veterinaria e mellora pecuaria na Galicia contemporánea. o papel de Juan Rof Codina”, baixo a dirección de Lourenzo Fernández Prieto e Manuel Cifuentes Martínez.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros